OBXECTO

Esta subvención está destinada a financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

  • As entidades sen ánimo de lucro.
  • As cooperativas sen ánimo de lucro

REQUISITOS DA CONTRATACIÓN

  1. Que sexan executadas polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.
  2. Que a duración dos contratos sexa, como mínimo, de 6 meses.
  3. Que a contratación sexa para xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial non inferior ao 50 por 100.
  4. Que a entidade beneficiaria dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo dos gastos non subvencionables ao abeiro desta orde, se for o caso.
  5. Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas.
  6. Que a súa execución ou prestación se realice nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Con independencia da duración do contrato ou, de ser o caso, do contrato para a substitución da traballadora que causase baixa, o período subvencionable non poderá exceder os doce meses.

CONTRATACIÓN DAS TRABALLADORAS

  • Efectuada a selección das traballadoras, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación, utilizando a modalidade de contrato temporal con cláusulas específicas de contrato vinculado a programas de activación para o emprego, segundo o establecido na disposición adicional novena da Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego.
  • En todo caso, no contrato de traballo subscrito deberá constar con claridade a prestación dos servizos que se contratan.
  • A entidade beneficiaria asume a súa condición de empregadora respecto ás traballadoras contratadas e o compromiso de cumprir a normativa laboral.

Así mesmo, deberalles facilitar ás traballadoras os elementos persoais e materiais necesarios para levar a cabo o seu traballo e achegar a súa propia dirección e xestión para a articulación da colaboración conservando a estrutura de mando sobre o seu persoal, e será responsable das tarefas técnicas que desenvolvan.

A concesión e o uso destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

  • As entidades darán de alta na Seguridade Social as mulleres contratadas no código de conta de cotización que corresponda.
  • A data límite para o inicio dos contratos será o 30 de outubro de 2024.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Prazo de presentación: 21/08/24 ao 21/09/24

PUBLICACION EN DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240820/AnuncioG0762-060824-0001_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?