APE Galicia celebrou esta maña unha reunión extraordinaria co equipo directivo, presidido polo seu presidente José Ramón Caldas, na que interviño a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza xunto coa directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca Carús.
Ás 12 deu comezo o acto co saludo da secretaria técnica executiva da asociación, Sonia Acuña Pazos, quen anunciou a presenza da conselleira para presentarlle ao equipo que forma parte da directiva e mostrar a súa disposición de colaborar coa nova administración, sobre todo nestes difíciles momentos que está a atravesar o sector.
A secretaria técnica cedeu a palabra ao presidente de APE Galicia quen agradeceu a presenza dos membros que asistiron á reunión, tanto de forma presentes na sede como por videoconferencia.
Antes de conectar coa conselleira, a xunta directiva acordou retrasar a celebración da Asamblea Xeral da asociación, prevista para xaneiro ou febreiro de 2021, por mor da situación sanitaria xurdida pola crise do Covid-19, xa que non se poderá facer dunha forma presencial, tal e como sería o máis convinte.
Ás 12:30 da mañá a secretaria técnica executiva da asociación deu a benvida á conselleira de Emprego e Igualdade xunto coa directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social que se conectaron a través de videoconferencia.
José Ramón Caldas agradeceu á asistencia tanto de María Jesús Lorenzana como de Covadonga Toca, lembrando a importancia dunha colaboración estreita e dunha boa comunicación entre a Administración e o sector para poder superar a situación crítica que se está atravesando.
A continuación, o presidente de APE Galicia presentou un por un aos asistentes á reunión quenes poideron dirixir unhas palabras ás representantes de Emprego, nas que quixeron poñerse a súa disposición para axudar na súa xestión nestes momentos tan complicados.
De forma presencial encontrábanse na sede de APE Galicia en Pontevedra José Alonso Rodríguez, vicepresidente por Pontevedra; David Martínez Alonso, vicepresidente por Ourense; Francisco Lorenzo Lemos, tesorero; José Manuel Rodríguez Simón, secretario xeral de ATRA quen tamén asistiu en representación a Enrique Fontán, vocal da asociación; Alejandra Caamaño Rivas, asesora xurídica e secretaria xeral; José María Corujo, presidente de Aempe e vocal; Arturo Ramírez González, vocal; e Jaime Barreiro Laredo, representante de Cactus dixital e asesor en Novas Tecnoloxías e Dixitalización.
En liña asistiron Ana Prego, vicepresidenta por A Coruña; Carolina Rodríguez Santano, representante de Instaelectra; Concepción Villar Varela, xerente Aprevar; José Ángel Blanco Núñez, xerente de Compostela Monumental; José Antonio Vázquez Taín, asesor de proxectos; e Carmen José López, asesora xurídica en Lugo..
Tralas presentacións, o presidente volveu a incidir na súa vontade de estar á enteira disposición da Consellería, coa resaltou ter un bo trato, invitandoas a visitar a sede de APE Galicia e aos seus asociados cando a situación o permita.
Tamén quixo recomedar a Lorenzana que convocara canto antes a Mesa do Autónomo para poder traballar xuntos e apoiar as medidas que a Xunta de Galicia ten previsto para afrontar a difícil situación do sector.
Pola súa parte, a conselleira de Emprego e Igualdade agradeceu a invitación do presidente de APE Galicia, asociación á que recoñece a súa colaboración e lealtade, e salientou a necesidade do seu equipo de ter unha comunicación directa cos autónomos en xeral para saber de primeira man ás súas necesidades e problemas e poder ofrecer unha axuda realmente útil eficaz e que cheguen a todos eles a tempo.
María Jesús Lorenzana fixo balance do Plan de Rescate da Xunta de Galicia para as persoas traballadoras autónomas, microempresas e a hostelería pola crise do Covid-19, destacando que Administración Autónomica recibiu 40.000 solicitudes nun mes para as tres liñas de actuación das que ao redor dun 40% xa foron pagadas ou están en trámite de selo, polo considera moi positiva a axilidade coa que as axudas están chegando aos beneficiarios para dotarlles de liquidez.
Ademáis, Lorenzana anunciou a súa intención de convocar a Mesa do Autónomo para nas primeiras de xaneiro, despois de comprobar a evolución da pandemia nestas festas do Nadal, e así poder artellar un segundo Plan de Rescate, revisando os puntos positivos do primeiro, como á axilidade na súa tramitación, como os que hai que mellorar ou cambiar, como flexibilizar os requisitos.
O obxecto é poder traballar xuntos para poder saber onde mellorar e evitar, por todos os medios ao seu alcance, o desplome deste sector que é o sostén da maioría dos empregos e familias en Galicia.
Para iso, destacou a importancia da colaboración de todos os axentes tanto da Administrición como do sector para poder saír desta crise, agradecendo a implicación de APE Galicia nesta labor.