Este luns o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, estiveron reunidos ca nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz.

Nesta ocasión aproveitaron para brindarlle a noraboa polo recén estreado cargo, aínda que houbo tempo tamén para abordar temas relacionados co panorama galego do colectivo autónomo e das pequenas empresas, ca finalidade de seguir traballando xuntos para brindarlles apoio a partir da xestión e defensa dos seus interes.