O pasado 15 de maio, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas en representación do colectivo autónomo, acudiu a primeira reunión con D. José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no marco do proceso de escoita activa cos axentes sociais e económicos.
Unha reunión moi proveitosa e enfocada na mellora, o crecemento e o apoio ao colectivo autónomo.