Estas xornadas de sensibilización terán unha duración de hora e media e realizaranse en streaming dende a sede de APE Galicia, en Pontevedra. O horario de todas será de 10:00 a 11:30. Ás persoas doutros lugares ou que non poidan desprazarse ata as instalacións ofreceráselle a posibilidade de conectarse dende o seu domicilio. Por suposto, será posible a intervención dos participantes para aclarar e dar resposta a todas as cuestións que vaian xurdindo.
Contaremos con tres xornadas direfentes, todas en materia de prevención de riscos laborais.
VENRES 1 DE SETEMBRO – RISCOS PSICOSOCIAIS NO TRABALLO E ACOSO LABORAL:
- Riscos laborais e psicosociais
- Factores de risco psicosociais
- Acoso laboral
- Consecuencias na saúde
- Avaliación de riscos psicosociais e metodoloxías
- Medidas preventivas
- Marco normativo e actuacións inspectoras
- Exemplo de sistemática de actuación ante unha posible situación de acoso laboral
VENRES 8 DE SETEMBRO – RISCOS ERGONÓMICOS E O TELETRABALLO:
- Introducción ao teletraballo
- Riscos asociados ao teletraballo
- Distribución ergonómica da área de traballo
- Ergonomía no uso de pantalla de visualización de datos (P.V.D)
- Ergonomía ambiental
- Factores psicosociais
- Seguridade no fogar
- Rutinas de estiramiento e exercicio físico
- Pautas saudables durante o traballo
XOVES 14 DE SETEMBRO – PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, CON E SEN TRABALLADORES:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo:
O traballo e a saúde: riscos profesionais e factores de risco
Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo
Marco normativo básico en materia de PRL
- A xestión da prevención de riscos laborais para persoas traballadoras autónomas CON empregados:
Funcións, obrigacións e responsabilidades
Plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da prevención
Modalidades preventivas
Recollida, elaboración e arquivo da documentación
- Xestión da prevención de riscos laborais para persoas traballadoras autónomas SEN empregados:
Obrigas e responsabilidade
Recollida, elaboración e arquivo da documentación
- A coordinación de actividades empresariais
Se estás interesado en participar debes inscribirte na nosa páxina: https://apegalicia.gal/
__