Onte terminou o taller «FACILITA 2.0 RGPD” onde os asistestentes aprenderon a utilizar FACILITA RGPD 2.0, ferramenta de axuda á implantación do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos destinada a aquelas empresas que realizan tratamentos de datos persoais que, a priori, implicarían escaso nivel de risco para os dereitos e liberdades das persoas cuxos datos tratan. O programa FACILITA 2.0, permite xunto coa creación dunhas sinxelas fichas de toma de datos, o manexo dos novos requisitos que marca o Regulamento de Protección de datos de carácter persoal.
Arán Feijoo, docente deste taller, ensinou o funcionamento deste programa e a súa adaptación para cada negocio, co obxectivo de cumprir con esta obrigación legal dunha vez por todas. Os documentos resultantes da execución deste programa serán válidos na medida que as respostas facilitadas a cada unha das preguntas sexan certas e son os mínimos indispensables para facilitar o cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos.