PONTEVEDRA. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebran este xoves 14 maio o segundo Encontro Dixital. Este programa REINICIA PONTEVEDRA de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.
O título do coloquio de hoxe é “Novos valores: confiables, solidarios, sostibles”, e tratará a incidencia da crise do Covid-19 na sensibilidade dos consumidores, e o seu impacto sobre marcas e empresas. Os autónomos e pemes de Pontevedra que intervirán son Javier Varela, consultor experto en Marketing; Natalia Vieites, directora de Recursos Humanos de Digamel; Mauro Lomba, arquitecto; e César Fernández y Beatriz Mariño, de Meridian Style & Interiors. xunto co coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor experto en Ventas e Marketing.
A primeira acción do ciclo de 7 encontros virtuais “Reinicia Pontevedra” celebrouse o pasado luns 11 de maio. En todos eles, abórdanse temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra. Participan especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.
As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son:
• 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.
• 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible.
• 18 maio: Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxística.
• 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.
• 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e marketing.
• 28 maio: Estragexia de comunicación dixital e física.
• 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.
Teñen lugar sempre os luns e os xoves, ás 15:30 por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións gratuitas pódense facer xa na web de APE Galicia, www.encontrosapegalicia.es e no teléfono 697 195 540.
A segunda acción do programa son 25 asesoramentos individuais gratuitos. Trátase de sesións singulares porque cada negocio ou microsector é distinto. O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento. Neste asesoramento, poderanse compartir 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS GRATUITAS EN:
Tel: 697 195 540
info@apegalicia.es
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?