A Xunta de Galicia a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten elaborado diversas fichas con recomendacións de utilidade para a inminente reincorporación á actividade do noso sector industrial: Construción, Forestal e industria da madeira, Automoción, Naval E Lousa.
O obxectivo non é outro que servir para concienciar e promover as máximas medidas de seguridade e de prevención no traballo, logrando así deixar atrás a situación vivida durante estas anteriores semanas polo COVID-19
Recomendamos colocar os carteis A3 nun lugar visible, e distribuír os flyers entre as persoas traballadoras para informar e adoptar as medidas preventivas necesarias, apoiándose nos Servizos de Prevención de Riscos Laborais fronte á exposición ao COVID-19.