A Xunta de Galicia e o Goberno de España aínda teñen vixentes diversas subvencións de interese público. Máis polo miúdo, neste mes de agosto, o día 8 péchase o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia e do contract. As solicitudes faranse a través de https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN500B&ano=2022&numpub=1&lang=es&c=empresas-e-profesionais.

 

Pola súa banda, o día 12, remata o prazo para solicitar as axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia mediante a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto a medidas complementarias para favorecer a conciliación. As solicitudes poden facerse en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A&ano=2022&numpub=1&lang=es

Tamén neste mes de agosto, concretamente o día 31, péchase o prazo de solicitudes de axudas para proxectos de mellora enerxética nas empresas, máis coñecido como Programa Bono enerxía PEME, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalería, artístico-recreativa e outros servizos. As solicitudes deberán facerse a través de https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Z

No que respecta ao vindeiro mes de setembro, o día 5 remata o prazo para participar no programa Xuventude Mentoring, un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, para apoialas e acompañalas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao ou de formación profesional superior. Para inscribirse farase a través de https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/

Pola súa banda, o 15 de setembro péchase o prazo para solicitar o Kit Dixital Segmento I, neste caso trátase dunha axuda do Goberno de España, destinada á dixitalización de empresas de entre 10 e 50 empregados, para impulsar os procesos de aumento da produtividade, a innovación e a internacionalización. Ademais, compre recordar que dentro do Kit Dixital, as pemes de entre 3 e 9 traballadores (Segmento II) poderán empezar a solicitar as súas subvencións a partir do 2 de setembro. As solicitudes faranse en https://sede.red.gob.es/es/procedimientos/convocatoria-de-ayudas-destinadas-la-digitalizacion-de-empresas-del-segmento-i-entre

Xa de cara a finais de setembro, o día 30, son máis de dez subvencións as que pechan os seus prazos de solicitude. En primeiro lugar, temos o programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa exerceran unha actividade económica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802R). Pola súa banda, tamén remata o prazo do programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para apoiar as entidades e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia con especial incidencia na transformación dixital (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR802L). Doutra banda, tamén finaliza o día 30 a tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pemes, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=IG535A).

Tamén o día 30 de setembro nos atopamos co peche das solicitudes para as subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego ás persoas menores de 30 anos, facilitando así a inserción laboral das persoas novas, o chamado Programa Talento 30 (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353C). As subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas a Galicia pechan o seu prazo de solicitude a finais de setembro (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A). Pola súa banda, tamén remata o prazo para solicitar os incentivos a empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT Programa II (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR340E). No caso do programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación tamén pecha o prazo de presentación de solicitudes o 30 de setembro (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342C). Por outro lado, o programa II: Emprego con apoio, que consiste en subvencionar un conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en risco de excusión socia, tamén pecha a recepción de solicitudes a finais do vindeiro mes (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A).

No que respecta ás axudas para o fomento do emprendemento en economía social, tanto para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais coma no fomento de acceso á condición de persoa socia, remata o prazo de solicitudes o día 30 de setembro (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802G / https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802J). Doutra banda, rematará ese mesmo día o prazo de solicitudes para axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341R). Tamén se poden solicitar ata finais de setembro as subvencións a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F). E por último temos o remate de prazo para solicitar o programa de promoción do emprego autónomo, que consiste na concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?