O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as festas laborais de carácter local para o ano 2021 correspondentes aos concellos das catro provincias galegas.

As xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria foron as encargadas de elaborar o calendario laboral provincial do próximo ano, que as empresas deberán ter exposto o nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras.

Así, a relación de festivos para 2021 son:

Provincia: A Coruña.

1. Abegondo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

2. Ames: 13 de maio, Día da Ascensión, 24 de xuño, San Xoán.

3. Aranga: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 3 de maio, festa de Santa Cruz.

4. Ares: 25 de maio, Voto de Chanteiro, 24 de xuño, San Xoán.

5. Arteixo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 26 de xullo, festas patronais-Santiago Apóstolo.

6. Arzúa: 16 de xullo, Virxe do Carme, 16 de agosto, festa local de Arzúa.

7. A Baña: 22 de xaneiro, San Vicente, 9 de setembro, Virxe das Dores.

8. Bergondo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festa local de Bergondo.

9. Betanzos: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

10. Boimorto: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 6 de setembro, festas do Rosario.

11. Boiro: 16 de xullo, Virxe do Carme, 31 de agosto, San Ramón.

12. Boqueixón: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de maio, festa da Ascensión.

13. Brión: 13 de maio, festa da Ascensión, 27 de setembro, Santa Minia.

14. Cabana de Bergantiños: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

15. Cabanas: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 30 de novembro, Santo André.

16. Camariñas: 23 de abril, San Xurxo, 16 de xullo, Virxe do Carme.

17. Cambre: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festa local de Cambre.

18. A Capela: 5 de agosto, festas patronais da Capela, 16 de agosto, festas patronais da Capela.

19. Carballo: 24 de xuño, festas Patronais de San Xoán Bautista, 25 de xuño, festas patronais de San Xoán Bautista.

20. Cariño: 16 de xullo, festa local de Cariño, 24 de agosto, festa local de Cariño.

21. Carnota: 18 de marzo, festa local de Carnota, 7 de decembro, festa local de Carnota.

22. Carral: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro, Virxe do Socorro.

23. Cedeira: 26 de xullo, Santa Ana, 8 de setembro, festa local de Cedeira.

24. Cee: 16 de xuño, San Adrián, 16 de agosto, San Roque.

25. Cerceda: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

26. Cerdido: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

27. Coirós: 7 de xaneiro, San Xulián, 16 de febreiro, Martes de Entroido.

28. Corcubión: 29 de xuño, San Pedro, 16 de xullo, Virxe do Carme.

29. Coristanco: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 10 de decembro, Santa Baia.

30. A Coruña: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

31. Culleredo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

32. Curtis: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

33. Dodro: 5 de abril, Luns de Pascua, 13 de setembro, festas de Laíño (Virxe do Leite e do Bo Parto).

34. Dumbría: 24 de xuño, San Xoán, 10 de decembro, Santa Baia de Dumbría.

35. Fene: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 6 de agosto, festa de San Salvador.

36. Ferrol: 7 de xaneiro, San Xiao, 5 de abril, Nosa Señora do Chamorro/Luns de Pascua.

37. Fisterra: 5 de abril, Luns de Pascua, 8 de setembro, festa local de Fisterra.

38. Frades: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de setembro, San Miguel.

39. Irixoa: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 10 de agosto, San Lourenzo.

40. A Laracha: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro, Virxe dos Milagres de Caión.

41. Laxe: 17 de agosto, Día do Carme, 30 de agosto, Santa Rosa.

42. Lousame: 24 de xuño, San Xoán, 10 de agosto, San Lourenzo.

43. Malpica: 8 de xaneiro, San Xulián, 27 de agosto, festas do Mar.

44. Mañón: 9 de agosto, Santa Rosa, 7 de decembro, festa do Marisco.

45. Mazaricos: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

46. Melide: 29 de xuño, San Pedro, 16 de xullo, Día do Carme.

47. Mesía: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 6 de agosto, As Misas.

48. Miño: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xuño, San Pedro.

49. Moeche: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 23 de abril, festa de San Xurxo.

50. Monfero: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 16 de febreiro, Martes de Entroido.

51. Mugardos: 7 de xaneiro, festa local de Mugardos, 25 de maio, Voto de Chanteiro.

52. Muros: 29 de xuño, San Pedro, 16 de xullo, Virxe do Carme.

53. Muxía: 5 de abril, Luns de Pascua, 13 de setembro, Luns da Barca.

54. Narón: 24 de xuño, San Xoán, 23 de novembro, Día de Narón.

55. Neda: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro, festa local de Neda.

56. Negreira: 9 de xullo, festa de San Cristovo, 20 de setembro, festa de Santa Margarita.

57. Noia: 16 de xullo, festa da Virxe do Carme, 24 de agosto, festa de San Bartolomeu.

58. Oleiros: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

59. Ordes: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festa local de Ordes.

60. Oroso: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de setembro, Santa Eufemia.

61. Ortigueira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xullo, Santa Marta.

62. Outes: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 29 de setembro, festividade de San Campio.

63. Oza-Cesuras: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

64. Paderne: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festa local de Paderne.

65. Padrón: 5 de abril, Luns de Pascua, 6 de maio, festa de San Xoán do Raio.

66. O Pino: 29 de xuño, San Pedro, 22 de xullo, festa da Madalena.

67. A Pobra do Caramiñal: 16 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros, 20 de setembro, Luns do Nazareno.

68. Ponteceso: 13 de setembro, festa local de Ponteceso, 14 de setembro, festa local de Ponteceso.

69. Pontedeume: 8 de setembro, festa das Peras, 10 de setembro, festa das Peras.

70. As Pontes de García Rodríguez: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 19 de xullo, festa do Carme.

71. Porto do Son: 15 de febreiro, festa local de Porto do Son, 9 de setembro, Nosa Señora de Loreto.

72. Rianxo: 16 de xullo, Día do Carme, 17 de setembro, Venres de Guadalupe.

73. Ribeira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de xullo, festa da Virxe do Carmen.

74. Rois: 5 de abril, Luns de Pascua, 15 de maio, San Isidro Labrador.

75. Sada: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

76. San Sadurniño: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 2 de xullo, Santa Isabel.

77. Santa Comba: 29 de xuño, San Pedro, 30 de xullo, San Antonio.

78. Santiago de Compostela: 13 de maio, Día da Ascensión, 16 de agosto, festa de San Roque.

79. Santiso: 24 de xuño, San Xoán, 14 de setembro, Santa Cruz.

80. Sobrado: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xuño, festa de San Pedro.

81. As Somozas: 26 de xullo, festa local das Somozas, 16 de febreiro, Martes de Entroido.

82. Teo: 13 de maio, festa da Ascensión, 11 de novembro, festa de San Martiño.

83. Toques: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 3 de setembro, San Antolín.

84. Tordoia: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

85. Touro: 5 de abril, Luns de Pascua, 24 de xuño, San Xoán.

86. Trazo: 24 de xuño, festa de San Xoán, 21 de setembro, festa de San Mateo.

87. Val do Dubra: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 6 de agosto, festa do Emigrante.

88. Valdoviño: 24 de xuño, San Xoán, 17 de agosto, San Mamede.

89. Vedra: 20 de setembro, festa do Patio, 10 de decembro, Santa Baia.

90. Vilarmaior: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 16 de febreiro, Martes de Entroido.

91. Vilasantar: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 26 de xullo, festa local de Vilasantar.

92. Vimianzo: 22 de xaneiro, festa de San Vicenzo, 9 de agosto, festas de verán.

93. Zas: 16 de xullo, festa do Carme, 26 de xullo, festa de Santa Margarida.

 

Provincia: Lugo.

1. Abadín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 27 de setembro, San Cosme da Montaña.

2. Alfoz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 2 de agosto, festa dos Choferes.

3. Antas de Ulla: 24 de xuño, San Xoán, 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

4. Baleira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de agosto, San Cristovo.

5. Baralla: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 27 de agosto, festas de San Vitorio.

6. Barreiros: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de agosto, San Bartolo.

7. Becerreá: 24 de xuño, San Xoán, 14 de setembro, Santo Ecce Homo.

8. Begonte: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xuño, festividade de San Pedro.

9. Bóveda: 1 de setembro, festividade de San Xil, 15 de setembro, Divino Ecce Homo.

10. Burela: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 7 de xuño, Luns das festas patronais.

11. Carballedo: 26 de xullo, festivo local, 16 de agosto, festivo local.

12. Castro de Rei: 16 de febreiro, Mares de Entroido, 9 de agosto, San Roque e Doce Nome de María en Castro de Ribeiras de Lea.

13. Castroverde: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 26 de xullo, Santiago Apóstolo.

14. Cervantes: 20 de maio, Nosa Señora dos Remedios, 9 de agosto, San Román.

15. Cervo: 16 de xullo, Nosa Señora do Carme, 16 de agosto, San Roque.

16. Chantada: 24 de agosto, festa da Empanada, 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

17. O Corgo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de outubro, San Froilán.

18. Cospeito: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro, Nosa Señora Virxe do Monte.

19. Folgoso do Courel: 19 de agosto, festas Patronais de Folgoso, 7 de decembro, Ponte da Constitución.

20. A Fonsagrada: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de setembro, festas patronais da Fonsagrada.

21. Foz: 16 de xullo, Virxe do Carme, 10 de agosto, San Lourenzo.

22. Friol: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de xullo, Luns de Santa Isabel.

23. Guitiriz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

24. Guntín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de xullo, Luns das festas de Guntín.

25. O Incio: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

26. Láncara: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 23 de agosto, Luns de San Roque.

27. Lourenzá: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 30 de agosto, Luns do Conde Santo.

28. Lugo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de outubro, San Froilán.

29. Meira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

30. Mondoñedo: 13 de setembro, Luns dos Remedios, 18 de outubro, As San Lucas.

31. Monforte de Lemos: 6 de abril, Martes de Pascua, 14 de xuño, festas de San Antón.

32. Monterroso: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de setembro, San Miguel.

33. Muras: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 28 de xuño, San Pedro de Muras.

34. Navia de Suarna: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 21 de setembro, Virxe das Dores.

35. Negueira de Muñiz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festividade da Virxe da Veiga.

36. As Nogais: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 30 de xullo, festa do Emigrante.

37. Ourol: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de maio, Nosa Señora de Fátima.

38. Outeiro de Rei: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de xullo, Luns de Santa Isabel.

39. Palas de Rei: 28 de xaneiro, San Tirso, 14 de setembro, Ecce Hommo.

40. Pantón: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 23 de agosto, festas locais.

41. Paradela: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de setembro, San Miguel.

42. O Páramo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de xuño, festas de Primavera.

43. O Pastoriza: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 18 de outubro, San Lucas.

44. Pedrafita do Cebreiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de setembro, Santa María a Real do Cebreiro.

45. A Pobra do Brollón: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 27 de agosto, San Vitorio.

46. Pol: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de agosto, festa do emigrante.

47. A Pontenova: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de outubro, Luns das Feiras.

48. Portomarín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 6 de setembro, Santo Cristo das Vitorias.

49. Quiroga: 5 de abril, Luns de Pascua, 11 de novembro, San Martiño.

50. Rábade: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de agosto, Nosa Señora da Asunción.

51. Ribadeo: 16 de agosto, San Roque copatrón da vila, 8 de setembro, Santa María do Campo.

52. Ribas de Sil: 16 de agosto, festas patronais San Roque, 29 de outubro, San Clodio.

53. Ribeira de Piquín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 23 de abril, festividade de San Xurxo.

54. Riotorto: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xuño, San Pedro.

55. Samos: 8 de xaneiro, San Xulián e Santa Basilisa, 12 de xullo, Luns de San Bieito.

56. Sarria: 24 de xuño, festas patronais de San Xoán, 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

57. O Saviñao: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 3 de agosto, festas locais de Escairón.

58. Sober: 8 de setembro, Romaría de Cadeiras, 20 de setembro, festas patronais.

59. Taboada: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de agosto, festivo local.

60. Trabada: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, festivo local.

61. Triacastela: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 17 de agosto, San Mamede.

62. O Valadouro: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de setembro, festa do Oito.

63. O Vicedo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 2 de agosto, San Estevo.

64. Vilalba: 31 de agosto, San Ramón, 1 de setembro, Santa María.

65. Viveiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

66. Xermade: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de agosto, Luns de Santa María.

67. Xove: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 30 de agosto, festas patronais.

 

Provincia: Ourense.

1. Allariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 4 de xuño, Venres do Boi.

2. Amoeiro: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

3. A Arnoia: 15 de xaneiro, San Amaro, 30 de xullo, festa do Pemento.

4. Avión: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de agosto, Luns de San Roque.

5. Baltar: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de maio, Día da Ascensión.

6. Bande: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 23 de agosto, San Roque.

7. Baños de Molgas: 6 de agosto, San Salvador, 8 de setembro, Nosa Señora dos Milagres.

8. Barbadás: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

9. O Barco de Valdeorras: 24 de maio, día seguinte ao de Santa Rita, 14 de setembro, Día do Cristo.

10. Beade: 3 de febreiro, San Brais, 2 de xullo, Santa Isabel.

11. Beariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

12. Os Blancos: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 15 de setembro, Virxe das Dores.

13. Boborás: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de agosto, San Bartolomeu.

14. A Bola: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 3 de maio, Santa Cruz.

15. O Bolo: 16 de agosto, 13 de decembro.

16. Calvos de Randín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 30 de xullo.

17. Carballeda de Avia: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de maio, Luns de Lodairo.

18. Carballeda de Valdeorras: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de abril, Nosa Señora da Encarnación.

19. O Carballiño: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 17 de setembro, San Cibrán.

20. Cartelle: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de maio, Luns de Pentecostés, Virxe das Marabillas.

21. Castrelo de Miño: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de agosto, Virxe das Neves.

22. Castrelo do Val: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 8 de setembro, Os Remedios.

23. Castro Caldelas: 20 de xaneiro, San Sebastián, 8 de setembro, Nosa Señora dos Remedios.

24. Celanova: 1 de marzo, San Rosendo, 16 de agosto, San Roque.

25. Cenlle: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

26. Chandrexa de Queixa: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 6 de setembro, Luns posterior á festa do Cordeiro.

27. Coles: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

28. Cortegada: 12 de xullo, día seguinte a San Bieito, 26 de xullo, Santa Ana.

29. Cualedro: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 16 de xullo, O Carme.

30. Entrimo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 2 de agosto.

31. Esgos: 2 de febreiro, As Candelas, 11 de novembro, San Martiño.

32. Gomesende: 16 de agosto, San Roque, 7 de decembro.

33. A Gudiña: 25 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio, 24 de agosto, San Bartolomeu.

34. O Irixo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de maio, Virxe de Fátima.

35. Larouco: 8 de setembro, Virxe dos Remedios, 13 de decembro, Santa Lucía.

36. Laza: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 24 de xuño, San Xoán.

37. Leiro: 3 de maio, Santa Cruz, 29 de xuño, San Pedro.

38. Lobeira: 22 de xaneiro, San Vicente, 8 de setembro, Viso Pequeno.

39. Lobios: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de agosto, festa do Verán.

40. Maceda: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 10 de agosto, festas patronais de Maceda.

41. Manzaneda: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 9 de agosto, Virxe das Neves.

42. Maside: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 27 de agosto, San Vitorio.

43. Melón: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 3 de maio, Santa Cruz.

44. A Merca: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

45. A Mezquita: 5 de agosto, Virxe das Neves, 11 de novembro, San Martiño.

46. Montederramo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

47. Monterrei: 26 de xullo, 16 de agosto.

48. Muíños: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

49. Nogueira de Ramuín: 16 de agosto, San Roque, 11 de novembro, San Martiño.

50. Oímbra: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 26 de xullo, Santa Ana.

51. Ourense: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

52. Paderne de Allariz: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

53. Padrenda: 24 de xuño, 7 de outubro.

54. Parada de Sil: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 31 de agosto, San Ramón Nonato.

55. O Pereiro de Aguiar: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

56. A Peroxa: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

57. Petín: 18 de xaneiro, San Antón, 26 de xullo, Santa Ana.

58. Piñor: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

59. A Pobra de Trives: 24 de agosto, San Bartolomé, 14 de setembro, O Cristo.

60. Pontedeva: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 22 de xullo, Santa Mª Madalena.

61. Porqueira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de xullo, O Carmen.

62. Punxín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de abril, San Wintila.

63. Quintela de Leirado: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 29 de xuño, San Paulo.

64. Rairiz de Veiga: 24 de xuño, San Xoán, 24 de setembro, Virxe da Mercede.

65. Ramirás: 11 de outubro, 7 de decembro.

66. Ribadavia: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro.

67. Riós: 16 de agosto, 15 de setembro.

68. A Rúa: 9 de agosto, festas de Verán, 23 de agosto, San Roque.

69. Rubiá: 13 de maio, A Ascensión, 24 de agosto, San Bartolomeu.

70. San Amaro: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 15 de xullo, San Amaro.

71. San Cibrao das Viñas: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

72. San Cristovo de Cea: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 27 de setembro, festas da Saleta.

73. San Xoán de Río: 24 de xuño, San Xoán, 6 de agosto, festa de Verán.

74. Sandiás: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de abril, Luns de Pascua.

75. Sarreaus: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 13 de setembro, Luns das festas patronais.

76. Taboadela: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

77. A Teixeira: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 25 de novembro.

78. Toén: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

79. Trasmiras: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.

80. A Veiga: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 8 de setembro.

81. Verea: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

82. Verín: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

83. Viana do Bolo: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 16 de agosto, San Roque.

84. Vilamarín: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril, San Xurxo, 22 de xullo, Santa María Madalena.

86. Vilar de Barrio: 14 de maio, San Isidro, 11 de outubro, luns.

87. Vilar de Santos: 5 de abril, Luns de Pascua, 5 de agosto, Virxe das Neves.

88. Vilardevós: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 16 de agosto, San Roque.

89. Vilariño de Conso: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

90. Xinzo de Limia: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 19 de xullo, Santa Mariña.

91. Xunqueira de Ambía: 29 de abril, San Pedro, 16 de agosto, San Roque.

92. Xunqueira de Espadanedo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de xullo, Santa Isabel.

 

Provincia: Pontevedra.

1. Agolada: 29 de xuño, 30 de xuño.

2. Arbo: 3 de febreiro, San Brais, 16 de agosto, San Roque.

3. Baiona: 5 de marzo, festa da Arribada, 24 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián.

4. Barro: 18 de xuño, festa do Viño, 1 de outubro, Romaría de San Breixo.

5. Bueu: 16 de xullo, festividade da Nosa Señora do Carme, 11 de novembro, festividade de San Martiño.

6. Caldas de Reis: 24 de xuño, San Xoán, 16 de agosto, San Roque.

7. Cambados: 15 de febreiro, Luns de Entroido, 30 de xullo, Venres do Albariño.

8. Campo Lameiro: 14 de xuño, San Antonio, 29 de setembro, San Miguel.

9. Cangas: 26 de marzo, Venres das Dores, 30 de agosto, Luns do Carme.

10. A Cañiza: 24 de maio, Romaría das Pascuillas, 15 de outubro, Santa Teresa.

11. Catoira: 12 de xullo, San Antonio de Padua na parroquia de Catoira, 16 de xullo, San Mamede na parroquia de Abalo.

12. Cerdedo-Cotobade: 26 de xullo, festividade do Ecce Homo, 23 de agosto, San Roque.

13. Covelo: 24 de maio, festa das Pascuillas, 26 de xullo.

14. Crecente: 13 de maio, 29 de xuño, San Pedro.

15. Cuntis: 24 de xuño, San Xoán, 17 de agosto, Virxe do Carme.

16. Dozón: 19 de xullo, Luns da Virxe do Carme, 6 de setembro, Luns da Pena de Francia.

17. A Estrada: 24 de xuño, festas patronais de San Paio, 25 de xuño, festas patronais de San Paio.

18. Forcarei: 30 de agosto, Luns das Dores, 11 de novembro, San Martiño.

19. Fornelos de Montes: 5 de abril, Luns de Pascua, 10 de agosto, festas de San Lourenzo.

20. Gondomar: 12 de xullo, San Antonio, 16 de agosto, San Roque.

21. O Grove: 16 de xullo, festividade do Carme, 11 de novembro, San Martiño.

22. A Guarda: 16 de xullo, Virxe do Carme, 23 de setembro, Santa Tegra.

23. A Illa de Arousa: 7 de xaneiro, festividade de San Xulián, 16 de febreiro, Martes de Entroido.

24. Lalín: 20 de setembro, 21 de setembro.

25. A Lama: 27 de xullo, San Xoaquín e Santa Ana, 5 de agosto, festas das Ermidas.

26. Marín: 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, 8 de setembro, festividade da Virxe do Porto.

27. Meaño: 3 de febreiro, San Brais, 13 de decembro, Santa Lucía.

28. Meis: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 5 de abril, Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas).

29. Moaña: 16 de xullo, O Carme, 11 de novembro, San Martiño.

30. Mondariz: 24 de maio, 16 de agosto.

31. Mondariz-Balneario: 24 de maio, Peregrinación ao Santuario da Franqueira, 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme.

32. Moraña: 19 de xullo, Santa Xusta, 13 de decembro, Santa Lucía.

33. Mos: 14 de xuño, festa da Rosa, 9 de agosto, San Mamede.

34. As Neves: 29 de xullo, festividade de Santa Marta, 5 de agosto, festividade da Nosa Señora das Neves.

35. Nigrán: 24 de xuño, San Xoán, 29 de xuño, San Pedro.

36. Oia: 24 de maio, festividade da Virxe do Mar, patroa de Oia, 29 de setembro, festividade de San Miguel.

37. Pazos de Borbén: 15 de xaneiro, San Amaro, 5 de abril, Luns de Pascua.

38. Poio: 24 de xuño, San Xoán, 24 de setembro, Nosa Señora da Mercé.

39. Ponteareas: 7 de xuño, Luns seguinte á festividade do Corpus Christi, 29 de setembro, festividade de San Miguel.

40. Ponte Caldelas: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 1 de setembro, Mércores da festa das Dores.

41. Pontecesures: 7 de xaneiro, festa de San Xulián, 5 de xullo, festa do Carme.

42. Pontevedra: 17 de febreiro, Mércores de Cinza, 5 de abril, San Cibrán.

43. O Porriño: 12 de xullo, San Bieito, 27 de setembro, festividade do Santo Cristo da Agonía.

44. Portas: 5 de abril, Luns de Pascua, 11 de outubro.

45. Redondela: 12 de abril, Luns do Cristo, 3 de xuño, Xoves da Coca.

46. Ribadumia: 5 de abril, Luns de Pascua, 4 de xuño, festa do Viño Tinto.

47. Rodeiro: 14 de xuño, Luns seguinte ao Santo Antonio, 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

48. O Rosal: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 26 de xullo, Santa Ana.

49. Salceda de Caselas: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 19 de xullo, Luns do Cristo.

50. Salvaterra de Miño: 14 de xuño, festividade do Santísimo Cristo da Vitoria, 10 de agosto, festividade de San Lourenzo.

51. Sanxenxo: 5 de abril, Romaría de O Con, 16 de agosto, San Roque.

52. Silleda: 9 de xullo, festa do Lacón, 23 de agosto, festa da Empanada de Bandeira.

53. Soutomaior: 5 de abril, Luns de Pascua, 6 de agosto, San Salvador.

54. Tomiño: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de setembro, Luns do Alivio.

55. Tui: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 12 de abril, Luns de San Telmo.

56. Valga: 26 de xullo, Santa Anta, 16 de agosto, San Roque.

57. Vigo: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 16 de agosto, San Roque.

58. Vilaboa: 16 de febreiro, Martes de Entroido, 11 de novembro, San Martiño.

59. Vila de Cruces: 9 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade, 10 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade.

60. Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, Santa Rita, 16 de agosto, San Roque.

61. Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro, San Mauro, 16 de setembro, San Cibrán.