Xa está publicado no DOG, os novos cambios acordados na derradeira reunión do comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

Unha das decisións tomadas é a de suavizar as medidas restritivas nos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasarán ao nivel básico de restricións, o que supón a supresión da limitación de mobilidade.

Por outra banda, os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona pasan ao nivel máximo de restricións e os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A  Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto. Tamén se acordou que o concello de Santiago pase a nivel medio e, polo tanto, queda pechado  perimetralmente.

Ademáis, implementouse unha vixilancia especial aos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño para controlar a súa evolución epidemiolóxica.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Por iso, informámoslles da situación actual sobre as restricións básicas:

LIMITACIÓN DA LIBERTADE DE CIRUCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circurlar polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

–       Adquisición de medicamentos, productos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

–       Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

–       Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

–       Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empreseariais, institucionais ou legais.

–       Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

–       Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapcidade ou especialmente vulnerables.

–       Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

–       Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

–       Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓN DE PERSOAS

Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

Esta limitación tampouco será aplicable no caso de actividades laborais, empresarais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas correspondentes aos protocolos de funcionamento.

Naqueles ámbitos territorais concretos nos que se adopten medidas máis estritas, non se aplicará esta limitación.

SERVIZO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS

Nos vehículos que dispoñan de asentos, poderanse ocupar a totalidade deles e será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto e do vehículo que o preste, debendo estar todos os asentos numerados.

Nos vehículos que teñan autorizado prazas de pé, a ocupación máxima será dunha sexta parte destas.

Cando a duración da viaxe sexa inferior a dúas horas, non está permitido consumir alimentos no interior do vehículo.

En canto o transporte regular de uso especial de escolares, pódense ocupar a totalidade dos asentos.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

–       Parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre similares con limitación de aforo, permítese máximo unha persoa por cada catro metros cadrados.

–       As celebracións con motivo de ceremonias relixiosas ou civís poderán contar cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.

–       Os lugares de culto poderán ocupar o 50% da súa capacidade máxima permitida.

–       Nos velorios, 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.

–       En enterramentos ou despedidas para a cremación, 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.

–       En canto as bibliotecas, arquivos, museos, permitirase o 50% da súa capacidade máxima pertmitida e as actividades culturais de grupo cun máximo de 6 persoas sexan ou non conviventes, excluido o monitor ou guía.

–       En cines, teatros e auditorios, calculase 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes sentados, cun límite máximo de 500 persoas nos espazos pechados e 1000 persoas nos espazos ao aire libre.

–       O aforo nos centros recreativos turísticos ou similares é dun 50%. As visitas de grupos serán dun máximo de seis persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía.

–       Outros locais ou establecementos comerciais, 50% de su capacidade autorizada ou establecida cun límite máximo de 100 persoas para lugares pechados e de 200 ao aire libre.

–       Para as actividades de grupo, permítese un máximo de 6 persoas sexan ou non conviventes, incluindo o monitor ou guía.

–       Nos congresos, eventos, reunión de negocios, conferencias e actos similares, poderán estar sentarse calculando 1,5 metros nas catro dirección entre os asistentes cun límite máximo de 500 persoas en espazos pechados e 1000 persoas nos espazos ao aire libre.

–       Esta limitación será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN

Dependendo do nivel que lle corresponde a cada zona, a ocupación poderá ser ata un 50% do aforo no interior dos locais, sen estar permitido o consumo en barra.

Nas terrazas ao aire libre, a limitación pode aumentar ao 75% das mesas, sendo a ocupación máxima de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, sempre respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

ESTABLECEMENTOS DE OCIO NOCTURNO

Poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo e servizo sentado en mesa e limitarán a súa capacidade ao 75%, non estando permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes da terraza.

A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO

As zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos, poden estar ao 50% da súa capacidade.

Permítese un máximo de 6 persoas sexan ou non conviventes nas actividades de animación ou clases grupais, incluíndo os monitores.

En canto aos aloxamentos turísticos de albergue que teñen unas características especiais, permitirase unha capacidade máxima do 50%.

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE

Independentemente da súa superficie, os locais e establecementos teñen límite do aforo a 50%.

Nos centros e parques comerciais nos que os establecementos ou locais estén distribuídos en varios andares, o límite de aforo é do 50% en cada un deles, e non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito, quedando límitada ao 33%. As zonas comúns como ludotecas, áreas infantís ou de descanso deben permanecer pechadas.

Os mercados ao aire libre, 50% dos postos habituais ou autorizados.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS

Nas instalacións deportivas ao aire libre, permítense as actividades individuais o colectivas, sen contacto físico, e como máximo de 6 persoas de forma simultánea, sen contar o monitor.

Nas instalación deportivas cubertas, os grupos son de ata 6 persoas sexan ou non conviventes, sen contar ao monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO

As celebracións de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se leven en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado.

A capacidade se calcula, dentro da permitida, de forma que garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro dirección entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite de 500 persoas para lugares pechados e de 1000 para actividades ao aire libre.

CENTROS CÍVICOS E SOCIAIS

O límite da capacidade total é dun 50% e nas actividades socioculturales grupais, permítense un máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes, e incluíndo ao monitor ou guía.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL

Pódense realizar actividades de tempo libre destinadas a pobación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 50% da súa sistencia máxima habitual, cun máximo de 100 participantes, excluidos os monitores.

En espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores.

As actividades deberán realizarse en grupos de ata 6 persoas, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demáis grupos.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

As actividades que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non supereunha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.

PRAIAS E PISCINAS

Durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determindao, sen deprazarse e mantendo a distancia de seguridade coas persoas non conviventes, poderase quitar a máscara.

Nas piscinas ao aire libre ou cubertas, ata o 50% da capacidade da instalación cunha limitación de 100 persoas.

Nas praias, calcularase o aforo máximo, considerando catro metros cadrados de superficie útil por persoa, mantenendo a distancia mínima de seguridade, tanto na área como na auga e sen compartir obxetos persoais e mantelos dentro do perímetro de seguridade.

As duchas e os ases utilizaranse de xeito individual e permítense as actividades deportivas individuais.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

Peche das actividades.

MANTEMENTO HORTAS, VIDES E COIDADO DE ANIMAIS

Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides, ou precisen atender animais, respectando en todo caso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.

USO OBRIGATORIO DA MÁSCARA

Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. Esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.

As excepcións ao uso obrigado da máscara:

–       Na vía pública ou en espazos ao aire libre, exclusivamente durante o consumo de tabaco ou calquera dispositivo de inhalación de tabaco, así como pipas de auga, cachimbas e asimilados, sempre tendo en conta o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.

–       Durante a actividade física e deportiva en instalacións cubertas, para a realización de deportes que requiran a utilización de pistas específicas, tales como tenis, pádel, squash ou pistas polideportivas, exclusivamente durante a realización das ditas actividades específicas.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?