TR500A – Programa I. Persoas Traballadoras Autónomas.

Obxecto

Este programa ten por obxecto conceder unha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

Beneficiarios

–       Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % ou sexan societarios dunha empresa cunha participación mínima do 25% e cumpra os requisitos de baixada de facturación

–       As persoas traballadoras autónomas de tempada que estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, durante cada un dos anos 2018 e 2019, aínda que non o estean neste momento.

Requisitos

* Ter domicilio fiscal en Galicia.

* Estar dado de alta no RETA ou Réxime de Traballadores do Mar, ou no caso de persoas traballadoras de tempada, que estivesen de alta entre catro e nove meses nos anos 2018 e 2019.

* Acreditar un descenso da facturación polo menos dun 45% no ano 2020, con respecto ao  facturado no ano 2019.

* Ter unha baixada de facturación igual ou superior ao 70% para considerar unha actividade como especialmente paralizada

* Exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que a débeda non supere o 80% da axuda solicitada e a persoas se comprometa a saldala no prazo de 15 días naturais dende a recepción do anticipo da axuda, o que se terá que comunicar.

* Que non estea afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Supostos excepcionais de baixada de facturación

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019 pero excepcionalmente:

–       Nas altas realizadas ao longo de 2019, a baixada da facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade nese ano coa facturación media dos doce meses do ano 2020.

–       Nas altas realizadas no primeiro trimestre do ano 2020, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade meses tres primeiros meses coa media mensual dos tres trimestres restantes do 2020.

Para acreditar a baixada de facturación, calquera destes medios serán válidos:

·         Estimación directa:

Declaración do IVE anual dos anos 2019 e 2020

Declaracións trimestrais do IVE

Declaración trimestal do IRPF do cuarto trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020

·         Estimación obxectiva ou módulos, a través de copias de:

Libro de facturas emitidas ou recibidas

Libro diario de ingresos e gastos

Libro de rexistro de ventas e ingresos

Libro de compras e gastos

Calquera outra forma admitida en dereito

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 30 millóns de euros, dos cales 5 millóns estarán reservados para os sectores especialmente paralizados.

Importe da axuda

–  1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

– 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

– 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

Compromisos

–       Manter a alta durante 2 meses dende a publicación da orde de axudas, excepto as persoas traballadoras autónomas de tempada

–       Cumprir coas medidas de publicidade de axuda e cofinanciamento

–       Presentar os indicadores de resultados que se lle soliciten

–       Someterse a actuacións de control, comprobación e inspección que se determinen

TR500B – Programa II. Microempresas.

Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que se vexan afectadas pola crise do Covid-19.

Beneficiarios

–       Microempresas e persoas traballadoras autónomas de calquera sector con persoal contratado.

–       As empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millón de euros no último ano e, se pertence ao canal de distribución Horeca, elevarase ata os cinco millóns de euros.

Requisitos

* Ter domicilio fiscal en Galicia.

* Acreditar descenso de facturación conforme a:

– Para microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal contratado: descenso de cando menos o 45%  no ano 2020, comparado coa facturación de todo o ano 2019.

– Para pemes incluidas no programa: descenso de cando menos o 60% no ano 2020, comparado coa facturación de todo o ano 2019.

* Exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que a débeda non supere o 80% da axuda solicitada e a persoas se comprometa a saldala no prazo de 15 días naturais dende a recepción do anticipo da axuda, o que se terá que comunicar.

* Que non estea afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Supostos excepcionais de baixada de facturación

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019 pero excepcionalmente:

–       Nas altas ou empresas creadas ao longo de 2019, a baixada da facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade nese ano coa facturación media dos meses do ano 2020.

–       Nas altas ou empresas creadas no primeiro trimestre do ano 2020, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade meses tres primeiros meses coa media mensual dos tres trimestres restantes do 2020.

Para acreditar a baixada de facturación, calquera destes medios serán válidos:

·         Estimación directa:

Declaración do IVE anual dos anos 2019 e 2020

Declaracións trimestrais do IVE

Declaración trimestal do IRPF do cuarto trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020

·         Estimación obxectiva ou módulos, a través de copias de:

Libro de facturas emitidas ou recibidas

Libro diario de ingresos e gastos

Libro de rexistro de ventas e ingresos

Libro de compras e gastos

Calquera outra forma admitida en dereito

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 30 millóns de euros, dos cales 5 millóns estarán reservados para os sectores especialmente paralizados.

Importe da axuda segundo o descenso de facturación:

–  4.000 € para baixada entre o 45 % e o 60%

– 5.000 € para baixada de máis do 60% e menos do 70%

– 6.000 € para baixada do 70% ou máis

Estas cantidades incrementanse segundo o número de persoas traballadoras contratadas conforme os seguintes tramos:

–       De 4 ata 9 persoas traballadoras, incremento de 1.000 euros

–       De 10 ata 20 persoas traballadoras, incremento de 2.000 euros

–       De 21 a 25 persoas traballadoras, incremento de 3.000 euros

Compromisos

–       Manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a publicación da orde de axudas

–       Cumprir coas medidas de publicidade de axuda e cofinanciamento

–       Presentar os indicadores de resultados que se lle soliciten

 

–       Someterse a actuacións de control, comprobación e inspección que se determinen

prazo de presentación de solicitudes para ambos programas será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, o que supón dende mañá venres 19 de febreiro ao xoves 18 de marzo.

• Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, segundo o procedemento escollido na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal, cubrindo todo os campos obrigatorios do formulario.

• Na solicitude vén recollida unha declaración responsable de cumprimento obrigatorio para recibir a axuda.

Máis información

Teléfono

900 815 600

Páxina web

www.oficinadoautonomo.gal

 

Normativa

ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0599-170221-1_gl.html

EXTRACTO da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0599-170221-4_gl.html

 

EXTRACTO da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0599-170221-5_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?