Limitación da libertade de circulación das persoas en horario nocturno

Entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas únicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

–       Adquisición de medicamentos, productos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

–       Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

–       Asistencia a centros de atención veterinaria por motivo de urxencia.

–       Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresarais, institucionais ou legais.

–       Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

–       Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou personas especialmente vulnerables.

–       Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

–       Calquera outra actividade de anaáloga natureza, debidamente acreditada.

–       Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos puntos anteriores.

Restriccións ás agrupacións de persoas

Limítanse os grupos para o desenvovemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de seis persoas, excepto no caso de persoas conviventes.

Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas; actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Tampouco será aplicable naqueles ámbitos territoriais concretos con medidas máis estritas.

Uso obrigatorio da máscara

A partir dos seis anos, será obrigatorio o uso da máscara en todo momento na vía pública e nos espazos comúns tanto ao aire libre como pechados, aínda que se poida garantir a distancia de seguirdade interpersoal de 1,5 metros. Excepcións:

–       Exclusivamente durante o consumo de tabaco ou calquera dispositivo de inhalación de tabaco ou similares, sempre tendo en conta o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.

–       Durante a actividade física e deportiva en instalacións cubertas, para a realización de deportes que requiran a utilización de pistas específicas, tales como tenis, pádel, squash ou pistas polideportivas, exclusivamente durante a realización das ditas actividades específicas.

Servizo colectivo de transporte de viaxeiros

Recomendase evitar consumir bebidas e alimentos, conversar ou manter calquer contacto directo con outras persoas ocupantes do vehículo.

A ocupación nos vehículos que dispoñan de asentos, que deberán estar numerados, podera ser da totalidade e será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto e do vehículo que o preste.

Nos vehículos que teñan autorizadas prazas de pé, a ocupación máxima será dunha sexta parte das prazas de pé.

Cando a duración da viaxe sexa inferior de dúas horas, non está permitido consumir alimentos no interior do vehículo.

Vida social e comunitaria

–       Nos parques infantís, parque biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre similares con limitación de aforo, o máximo estimado é de unha persoa por cada catro metros cadrados.

–       Nas celebracións con motivo de ceremonias relixosas ou civis, o aforo será dun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.

–       Nos lugares de culto, permítese un 50% da súa capacidade máxima permitida.

–       Nos velorios, poden estar 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos, sexan ou non conviventes.

–       En enterramentos ou despedida para a cremación, poderán reunirse 25 persoas entre familiares e achegados, sexan ou non conviventes.

–       Nas bibliotecas, arquivos e museos, o aforo é dun 50% da súa capacidade máxima permitida.

–       Nas actividades culturais de grupo, poden participar un máximo de 6 persoas sexan ou non conviventes, excluído monitor ou guía.

–       Noutros locais ou establecementos comerciais, permítese o 50% da súa capacidade autorizada ou establecida, cun límite de 100 persoas para lugares pechados e 200 ao aire libre.

Establecementos de hostalaría e restauración

Catro niveis de medidas según a incidencia de contaxios nas distintas zonas do territorio galego.

Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo e ocupar unha mesa cun máximo de 4 – 6 persoas dependendo do nivel, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

Establecementos de aloxamento turístico

50% da capacidade das zonas común dos hoteis e aloxamentos turísticos. As actividades de animación ou clases grupales serán dun máximo de 6 persoas, sexan o non conviventes, excluídos os monitores.

Polas especiais características do aloxamento turístico de albergue, permitirase unha capacidade máxima de 50%.

Comercio, centros comerciais e mercados ao aire libre

Nos locais e establecementos retallistas e de actividade de servizos profesionais, o límite do aforo é do 50% da capacidade.

En canto os centros e parques comerciais, se os locais  ou establecementos están distribuídos en varios andares, o límite do aforo é do 50% de capacidade en cada un deles. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas común, que teñen unha capacidade de ocupación limitada ao 33%, excepto para o tránsito, salvo as actividades de hostalaría e restauración. Ademáis, quedan pechadas a utilización de zonas recreativas, zonas infantís, ludotecas e áreas de descanso.

Nos mercados ao aire libre, permitirase o 50% dos postos habituais ou autorizados.

Actividades deportivas non federadas

Nas instalación deportivas ao aire libre, tanto individual como colectiva, sen contacto físico, o máximo autorizado é de 6 persoas de forma simultánea, sen contar o monitor.

Nas instalación deportivas cubertas, os grupos serán de ata 6 persoas sexan ou non conviventes, sen contar co monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

Celebración de eventos deportivos, adestramentos e de competicións deportiva con público

A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse con público sempre que ese permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros nas catro dirección entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 500 persoas para lugares pechados e de 1.000 persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

Centros cívicos e sociais

O límite de capacidade total é de 50% do aforo e, nas actividades socioculturales grupais, o máximo será de 6 persoas, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía.

Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil

Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 100 participantes, excluidos os monitores.

Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores. As actividades deberán realizarse en grupos de ata 6 persoas participantes, sexan ou non conviventes, e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demáis grupos.

Academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e contros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración Autonómica

Poderase impartir dun modo presencial nos centros, sempre que non se supera unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

Praias e piscinas

Pódese quitar a máscara durante o baño e mentras se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse e mantendo a distancia de seguridade coas persoas non conviventes.

Nas piscinas ao aire libre ou cubertas, permítese ata o 50% da capacidade da instalación cunha limitación de 100 persoas, e grupos de 6 persoas máximo, agas no caso de conviventes.

Nas praias, calcularase o aforo máximo considerando catro metros cadrados de superficie útil por persoa e se manteña a distanci mínima de seguridade, tanto na área como no auga.

Festas, verbenas, outros eventos populares e atraccións de feiras

Peche da súa actividade.

Mantemento de hortas, vides e coidado de animais

Permítise os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides, ou precisen atender animais, repectando en todo caso a distancia de seguridade e os protocolos de prenvención establecidos.

Normativa

DECRETO 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201203/2508/AnuncioC3B0-031220-1_gl.html

Consellería de Sanidade

ORDE do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia dResumo das medidas que rixen no territorio galego a partir de hoxe  evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201203/2508/AnuncioC3K1-031220-4_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?