Publicadas no DOG número 52bis, do 17 de marzo de 2021, os novas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia para continuar o proceso de desescalada no territorio galego e que entrarán en vigor o venres 19 de marzo ás 00 horas.

Niveis de restricións

Establécense catro niveis de restricións de aplicación nos concellos galegos segundo a incidencia acumulada de casos a 14 días.

Nivel Máximo

Maside, Paradela e Vilardevós

Nivel alto

Arteixo, Boborás, A Mezquita, Neda, Pontecesures e Sobrado

Nivel medio

Soutomaior, Pantón, Ponteceso, A Coruña, Bergondo, Culleredo, Chantada, Guitiriz, Mugardos, Laxe, Coles, Valdoviño, Boimorto e Sober

Nivel medio-baixo

Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Ames, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Arbo, Ares, A Arnoia, Arzúa, Avión, Baiona, Baleira, Baltar, Bande, A Baña, Baños de Molgas, Baralla, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Barreiros, Barro, Beade, Beariz, Becerreá, Begonte, Betanzos, Os Blancos, Boiro, A Bola, O Bolo, Boqueixón, Bóveda, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Calvos de Randín, Camariñas, Cambados, Cambre, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, A Capela, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Carballedo, O Carballiño, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Catoira, Cedeira, Cee, Celanova, Cenlle, Cerceda, Cerdedo-Cotobade, Cerdido, Cervantes, Cervo, Chandrexa de Queixa, Coirós, Corcubión, O Corgo, Coristanco, Cortegada, Cospeito, Covelo, Crecente, Cualedro, Cuntis, Curtis, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Esgos, A Estrada, Fene, Ferrol, Fisterra, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Foz, Frades, Friol, Gomesende, Gondomar, O Grove, A Guarda,  A Gudiña, Guntín, A Illa de Arousa, O Incio, O Irixo, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Lourenzá, Lousame, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Marín, Mazaricos, Meaño, Meira, Meis, Melide, Melón, A Merca, Mesía, Miño, Moaña, Moeche, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mondoñedo, Monfero, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterrei, Monterroso, Moraña, Mos, Muíños, Muras, Muros, Muxía, Narón, Navia de Suarna, Negreira, Negueira de Muñiz, As Neves, Nigrán, As Nogais, Nogueira de Ramuín, Noia, Oia, Oímbra, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Paderne de Allariz, Paderne, Padrenda, Padrón, Palas de Rei, Parada de Sil, O Páramo, A Pastoriza, Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, O Pino, Piñor, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, A Pobra do Caramiñal, Poio, Pol, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova As Pontes de García Rodríguez, Pontevedra, Porqueira, O Porriño, Portas, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rábade, Rairiz de Veiga, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Ribeira, Riós, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Rubiá, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, San Xoán de Río, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sanxenxo, Sarreaus, Sarria, O Saviñao, Silleda, As Somozas, Taboada, Taboadela, A Teixeira, Teo, Toén, Tomiño, Toques, Tordoia, Touro, Trabada, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valga, Vedra, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, O Vicedo, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilanova de Arousa, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

 

Medidas Xerais

·         Galicia continúa pechada perimetralmente.

·         O toque de queda continúa de 22 a 6 horas.

·         Quedan prohibidas as reunións de non conviventes en espazos de uso privado, como os domicilios.

·         Mantense o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

·         As reunións en espazos de uso público quedarán limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior, agás nos concellos que se atopen no nivel máximo de restricións, aínda que se recomenda restrinxir ao máximo a interacción social.

·         Permítese a libre circulación entre concellos agás os que se atopen no nivel máximo de restricións, aínda que se recomenda limitar a mobilidade o máximo posible.

 

Lugares de culto

A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da súa capacidade, salvo nos concellos que se atopen no nivel máximo que non poderá superar un terzo da súa capacidade, e deberase publicar nun lugar visible.

Deberá garantirse, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentese e publicarse a capacidade máxima nun lugar visible. Non se poderán realizar actuacións de coros o agrupacións vocais de canto.

Non se poderá utilizar o exterior dos edificios ou da vía pública para a celebración de actos de culto con acompañamento de público, nin para a celebración de eventos masivos de calquera índole que impliquen aglomeración ou concentración de persoas.

 

Velorios e enterros

Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas cun límite máximo de 10 persoas por túmulo, sexan ou non conviventes, e 25 persoas no exterior, sexan ou non conviventes.

A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, sexan ou non conviventes, ademais do ministro de culto ou persoa asimilada para a despedida do defunto.

 

Actividade cinexética, caza do xabaril e lobo, e pesca

As limitacións á entrada e saída de persoas como as restricións á permanencia de grupos de persoas en espazos quedarán exceptuadas polas accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo, nos seguintes supostos:

a) Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/21 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común.

b) Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente.

c) Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.

Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se axusten ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

 

Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais

Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o 50% da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción e deberán manter a distancia de seguridade interpersoal, prestando un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos.

Poderán pechar ás 21.30 horas, agás que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.

As grandes superficies deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

 

Centros e parques comerciais

Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción e establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos

A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas, como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

Deberán dispor sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

Deberán pechar ao público as 21.30 horas, agás que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

 

Feiras e mercados

A capacidade virá determinada polo número de postos autorizados do xeito seguinte:

·          Menos de 50 postos autorizados, poderán dispoñer do 100 % dos postos habituais ou autorizados.

·         Entre 50 e 100 postos autorizados, poderán dispoñer do 75 % dos postos habituais ou autorizados.

·         Máis de 100 postos autorizados, poderán dispoñer do 50 % dos postos habituais ou autorizados.

Os concellos poderán aumentar a superficie ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar estas limitacións e poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade.

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes, ademáis de sinalarse de forma clara a distancia de seguridade entre clientes. A distancia entre vendedor e o consumidor poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

 

Academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación

Poderase impartir dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido, establecendo as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal, aínda que priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.

 

Hoteis, albergues e aloxamentos turísticos

Os hoteis, albergues e establecementos turísticos permanecerán abertos, sen prexuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais, que deberán respectarse en todo caso.

Os albergues poderán manter unha ocupación máxima do 30 % das prazas nos espazos de aloxamento compartido.

A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Poderán realizar eventos nas condicións máis seguras e facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos e para o resto seguindo a condicións establecidas.

 

Parques e zonas deportivas de uso pública o aire libre

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

 

Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacional, xuntas de comunidades de propietarios poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.

A realización dos citados actos non se poderá superar o 30% da capacidade autorizada do local, cun máximo de 75 persoas para lugares pechados e de 150 persoas se se trata de actividades ao aire libre, excepto nos concellos que se atopen no nivel medio-baixo que poderán realizarse cunha capacidade do 50%.

 

Actividade física e deportiva non federeda

·         Nivel máximo: Só poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

·         Nivel alto e medio: Poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar  co monitor.

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 30% da capacidade máxima permitida. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

·         Nivel medio-baixo: Poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

En instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

 

Centros, servizos e establecementos sanitarios

Só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres xestantes, e permitirase unha visita por paciente en UCI non COVID.

 

Lonxas

Nas lonxas deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada.

 

Transportes

Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos poderase ocupar a totalidade dos asentos, mantenéndose a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

Será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste,  ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias. Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento, recoméndase ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.

Nos desprazamentos en vehículo particular está permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos, e deberán usar todas máscara.

Nos concellos de máximo nivel, poderán prestar servizos de transporte para persoas conviventes, así como escolares, persoal sanitario, pacientes ou traballadores non conviventes; nestes casos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso de máscara.

No resto dos concellos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso de máscara.

 

Áreas de servizo para profesionais do transportes

Co obxecto de posibilitar os descansos adecuados en cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso e facilitar aos transportistas profesionais un servizo de restauración, aqueles establecementos situados en centros loxísticos e nas áreas de servizo da Rede de estradas do Estado en Galicia, vías de alta capacidade e Rede primaria básica de estradas de Galicia que dispoñan de cociña, servizos de restauración ou expendedores de comida preparada poderán permanecer abertos alén das limitacións horarias establecidas, incluído en horario nocturno.

Para o acceso a estes establecementos neste caso será obrigatoria a presentación da tarxeta de profesional do transporte CAP, a consumición no interior deberá realizarse de xeito individual e sentado e non se poderá realizar venda ou dispensación de bebidas alcohólicas.

Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais

Poderán realizarse actividades presenciais sen superar o 30% da capacidade máxima permitida, agás nos concellos no nivel medio-baixo que poderán acadar unha capacidade máxima do 50% da capacidade máxima permitida.

Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, agás no caso de persoas conviventes.

 

Competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como recintos ao aire libe e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas

Poderá desenvolverse, sen superar o 30% da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre. Nos concellos de nivel medio – baixo, o límite máximo poderá chegar as trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Hostalaría e restauración

Nos concellos que estea permitida a apertura, o horario de peche ao público será ás 21:00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

Deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas en terraza, ou de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas no interior, no caso de persoas non conviventes.

A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Según o nivel, a ocupación será:

·         Nivel máximo: Establecementos pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 24.00 horas.

·         Nivel alto: Os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co 50% da capacidade máxima permitida.

·         Nivel medio: Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50 % da capacidade máxima, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

·         Nivel medio – baixo: Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza do 75 % da capacidade máxima permitida e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

Para o cálculo das ocupacións, así como para a aplicación doutras medidas específicas, observaranse o Plan de hostalaría segura.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante, únicamente sentado a mesa, sendo a ocupación máxima de seis persoas por mesa no exterior e catro no interior, sen poder superar o 50% da súa capacidade.

Nos concellos en nivel máximo e alto, estes establecementos de restauración deberán limitar a súa actividade aos traballadores ou, no caso dos centros sanitarios, tamén a acompañantes de doentes. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas e, nos concellos no nivel máximo, deberán ser todas conviventes ou persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estable dentro do centro de traballo.

Os comedores escolares se rexen pola súa normativa específica.

 

Realización de procesos selectivos polas administracións o entidades públicas

A realización de procesos selectivos poderá desenvolverse, sempre que os asistentes permanezan sentados e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m en todas as direccións, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas aspirantes.

Debera haber unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes evitando aglomeracións e establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións.

Deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Especificidades para determinadas actividades turísticas, centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información

Poderán realizarse actividades de turismo ao aire libre, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de oito persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

No interior, no se poderá exceder o 50% da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de seis persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

 

Centros de lecer infantil

1.    Os establecementos abertos ao público que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como á celebración de festas infantís, deberán cumprir o protocolo polo que se restablece a actividade dos centros de lecer infantil, coas especialidades que de seguido se establecen:

·         Nivel máximo e alto: non se poderán desenvolver actividades no interior dos centros de lecer. Aqueles establecementos que dispoñan de terraza ou xardín exterior poderán utilizala para actividades dirixidas e obradoiros, cunha capacidade máxima do 30 %, e en grupos dun máximo de seis nenos/nenas por grupo. Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

·         Nivel medio: os centros de lecer infantil poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 30 %, e en grupos dun máximo de seis nenos/nenas por grupo no exterior, e de catro no interior. Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos. Só se poderán realizar actividades dirixidas e obradoiros, e só se permitirá o uso de inchables no exterior.

·         Nivel medio – baixo: os centros de lecer infantil poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 50 %, e unha ratio de 1 monitor por cada dez participantes. Os grupos serán de seis nenos/nenas nas actividades no exterior, e de catro no interior. Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

 

Actividades de tempo libre dirixidas a poboación infantil e xuvenil.

O número de participantes sexa ao 50% da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.

As actividades deberán realizarse no interior en grupos de ata catro persoas participantes e no exterior en grupos de seis participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

 

Uso de praias

O concello respectivo deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios de, polo menos, catro metros cadrados.

A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas e praias levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios, respectando o límite máximo de seis persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes.

Exceptúase o uso da máscara durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias.

 

Medidas especiais para determinadas actividades

Adóptase a medida de peche temporal das seguintes actividades e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia:

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

No nivel medio, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o 30% da súa capacidade permitida e ata as 21.00 horas.

No nivel medio – baixo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o 50% da súa capacidade permitida e ata as 21:00 horas.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física.

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, o réxime e horario de prestación deste servizo axustarase ao disposto para os establecementos de hostalaría.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multilecer.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos. A estes establecementos resultaranlles de aplicación as regras previstas no punto 3.22 do presente anexo.

 

Centros educativos de réxime especial

1º) Escolas oficiais de idiomas.

2º) Escolas de arte e superior de deseño.

3º) Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

4º) Escola Superior de Arte Dramática.

5º) Conservatorios de música.

6º) Conservatorios de danza.

7º) Escolas de música.

8º) Escolas de danza.

9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol, centros autorizados de fútbol sala.

10º) Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

11º) Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

12º) Escolas de música privadas e escolas de danza privadas

 

Centros sociocomunitarios, centros cívicos, centros e convivencia, centros sociais

Permanecerá suspendida a súa actividade ao público agás nos concellos en nivel medio e medio-baixo, que poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 30 % e se extremen as medidas de protección nas actividades de tipo grupal que se realizan neles, cun máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía, para as actividades grupais.

Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

 

Plan hostalaría segura

Modificacións

A persoa titular do establecemento obterá un código QR na páxina web: https://coronavirus.sergas.gal/

A través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid, os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza nel mediante a captura do código QR, o cal axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez.

En canto as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, a persoa responsable do establecemento virá obrigada a manter actualizada esta información cada vez que se produza un cambio no nivel de restricións aplicables ao ámbito territorial en que se atope o local, tanto na capacidade interior coma na exterior. Para estes efectos, disporán dun prazo de 3 días contados desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para actualizar esta información.

Normativa

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3B0-170321-1_gl.html

 

Consellería de Sanidade

ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3K1-170321-3_gl.html

ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3K1-170321-2_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?