Publicada no DOG un novo decreto no que se adaptan as medidas restritivas sanitarias a nova situación epidemiolóxica vixente que terá efecto a partir do venres 26 de decembro de 2021 ás 00 horas.

Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

–       Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

–       Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

–       Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

–       Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

–       Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

–       Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

–       Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

–       Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

–       Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

Medidas de prevención aplicables

En toda a Comunidade Galega, aplicaránse as seguintes medidas:

–       Mantense en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

–       Os centros comerciais poden abrir os fins de semana.

–       A asistencia a lugares de culto non poderá superar o terzo da súa capacidade e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes.

En particular, tendo en conta a incidencia de contaxios en cada un dos concellos galegos, distribúense en tres niveis:

Nivel 1

–       Peche perimetral dos concellos

–       Non se permiten reunións entre non convivintes

–       Hostalaría pechada como ata agora

Os concellos afectados son Corcubión, Curtis, Ponteceso, Moeche, O Corgo, Guitiriz, Gomesende, A Gudiña, A Peroxa, Toques.

Nivel 2

–       Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia

–       Reunións de ata 4 persoas non convivintes

–       Hostalaría: abren as terrazas ata as 18 horas, cun aforo do 50%

Os concellos afectados son:

A)   Área sanitaria da Coruña: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.

B)   Área sanitaria de Ferrol: Cedeira, Ferrol, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cerdido, Fene, Mañón, Monfero, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume, As Somozas , Valdoviño.

C)   Área sanitaria de Pontevedra: Barro, Cambados, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova de Arousa, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Forcarei, O Grove, A Illa de Arousa, Moraña, Poio, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa.

Nivel 3

–       Permítese a movilidade entre concellos coa mesma incidencia

–       Apertura das instalacións deportivas

–       Reunións de ata 4 persoas non convivintes

–       Hostalaría: aforo do 30% no interior e do 50% no exterior ata as 18 horas

Os concellos que están neste nivel son:  Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Rábade, Sober, Bande, Beade, Celanova, A Merca, A Mezquita, Punxín, Sandiás, Taboadela, Viana do Bolo, Verea, Xunqueira de Espadanedo, Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois, Tordoia, Moaña, Oia, Redondela.

E ademáis, os das áreas sanitarias de Vigo, Lugo, Ourense e Santiago: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade, Xove, Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Baños de Molgas, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, A Pobra de Trives, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verín, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio,Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Ames, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Agolada, Dozón, A Estrada, Lalín, Pontecesures, Rodeiro, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vigo.

Excepcións a limitación da liberdade de circulación entre concellos:

– Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

-Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

– Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

– Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

– Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

– Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

– Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

– Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

– Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

– Coidado de hortas e animais.

– Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

– Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.

– Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

– Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos.

Plan de hostalaría segura

A Xunta de Galicia porá en marcha un Plan de Hostalaría Segura, baseado nas seguintes liñas fundamentais:

a) Corresponsabilidade dos operadores económicos na aplicación, cumprimento e seguimento do plan e na colaboración no establecemento de medidas e instrumentos que contribúan ao control e seguimento de posibles abrochos, incluíndo a rastrexabilidade dos posibles contactos, co obxecto de garantir unha actividade nas adecuadas condicións de seguridade.

b) Definición de criterios claros e precisos para a organización e utilización de espazos, condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, e determinación de ocupación para efectos da aplicación das medidas sanitarias de prevención.

c) Colaboración coas entidades representativas do sector para o estudo, deseño e implementación das medidas de prevención aplicables, incluída a promoción da existencia de mecanismos de autocontrol e auditoría de cumprimento.

d) Xeración de confianza nos usuarios, así como información e concienciación deles sobre as medidas de prevención e o seu necesario cumprimento.

e) Establecemento dun plan de control e inspección autonómico e a adecuada colaboración coas entidades locais nas súas competencias de control e inspección, especialmente con aquelas de menor tamaño e medios.

f) Colaboración das forzas e corpos e forzas de seguridade no control e inspección.

Normativa

Presidencia da Xunta de Galicia

– DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3B0-240221-3_gl.html

Consellería de Sanidade

– ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210225/2572/AnuncioC3K1-240221-5_gl.html

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?