TR500C – Programa I. Hostalaría.
Obxecto
Apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
Beneficiarios
Sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, que estea afectado polo peche sanitario, entendendo como tal aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o seu interior, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.
Requisitos
* Ter domicilio fiscal en Galicia.
* Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia.
* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:
1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.
2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.
* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.
Orzamento
O orzamento designado para este programa é de 12 millóns de euros.
Importe da axuda segundo a data de peche do establecemento ou no caso de hoteis, hostais, casa rurais e outro tipo de aloxamentos pola data de peche perimetral do concello.
– Peche desde o 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €
– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €
– Peche por dous o máis decretos que establecen o peche sanitario: 2.700 €
No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada.
As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular onde figurarán todos os establecementos afectados polo peche.
TR500D – Programa II. Outras actividades pechadas.
Obxecto
Apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
Beneficiarios
Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I Hostalaría, desta orde.
Requisitos
– Ter domicilio fiscal en Galicia.
– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia, entendendo que está afectado polo peche aquel establecemento que non puidese ter aberto segundo a normativa sanitaria e estea no número 4 das medidas especiais para determinadas actividades do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021, incluídas as atraccións de feira.
– Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:
1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.
2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.
* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.
Orzamento
O orzamento designado para este programa é de 3 millóns de euros.
Importe da axuda segundo a data de peche:
– Peche desde 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €
– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €
– Peche por dous o máis decretos que establezan o peche sanitario: 2.700 €
– As actividades de atraccións de feira: 2.700 €
No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidades inalada.
As axudas concederanse para cada establecemento paralizado polo que se deberá presentar unha única solicitude por titular, figurando todos os establecementos afectados polo peche.
O prazo de presentación de solicitudes tanto para o Programa I como o II será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, segundo o procedemento escollido na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal, cubrindo todo os campos obrigatorios do formulario.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono 900 815 600 ou acceder a páxina web www.oficinadoautonomo.gal
Normativa
ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-1_gl.html
EXTRACTO da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría, e se procede á súa convocatoria para 2021. Programa I (código de procedemento TR500C). 11256
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-2_gl.html
EXTRACTO da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas e se procede á súa convocatoria para 2021. Programa II (código de procedemento TR500D).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-3_gl.html