O Real Decreto-lei buscar seguir protexendo aos territorios e sectores máis afectados pola pandemia e que son fundamentalmente viables, anticipándose a posibles problemas de solvencia debido ás restricións de actividade e minimizar o impacto da Covid-19 no tecido produtivo e no emprego.
A norma articúlase en tres fondos: unha liña de 7.000 millóns de euros para axudas directas a empresas e autónomos destinadas ao pago de gastos fixos e débedas con provedores e outros acredores; unha liña de 3.000 millóns para que o ICO poida acompañar os procesos de reestruturación de débeda financeira, e un fondo de 1.000 millóns para a recapitalización das empresas afectadas.
Ademais, esténdense ata final de ano as moratorias concursais e as medidas de axilización no ámbito da xustiza para proporcionar un período que permita restablecer os equilibrios patrimoniais ou abordar procesos de reestruturación, entre outras actuacións.
1) Liña Covid de axudas directas a autónomos e empresas
Obxecto
A regulación da concesión das axudas directas as persoas traballadoras autónomas (empresarios e profesionais) e empresas para o apoio á solvencia e redución do endeudamento do sector privado.
Destinatarios
Poderán acceder a elas as empresas non financieiras e autónomos cuxos ingresos caesen como mínimo un trinta por cento con respecto a 2019, dentro dun conxunto de case cen sectores e actividades, os máis prexudicados polas restricións, ademáis de ter o seu domicilio fiscal en territorio español ou cando se trate de entidades non residentes non financeiras que operen en España a través de establecemento permanente.
Orzamento
A dotación desta liña é de 7.000 millóns de euros dividida en dous compartimentos:
· 2.000 millóns de euros específico para as empresas de Canarias e as Illas Baleares, as rexións onde o sector turístico ten un peso maior.
· 5.000 millones de euros para o resto das comunidades, que se repartirá en función de indicadores de renta, desemprego e paro xuvenil.
As axudas son non reembolsables e de carácter finalista e deberán destinarse ao pago de débedas contraídas desde 1 de marzo de 2020 ata 31 de maio de 2021, tanto facturas con provedores e gastos fixos como débedas bancarias ou financeiras, subministracións enerxéticas,…
As axudas poderán compensar ata un corenta por cento da caída adicional de ingresos para as micropemes e os autónomos e ata un vinte por cento do resto de empresas, establecéndose as seguintes cantidades
· 3.000 euros para os autónomos que tributan por módulos.
· Entre os 4.000 e 200.000 euros por empresa para o resto.
Seguimento e control
Será responsabilidad das Comunidades Autónomas e as Cidades de Ceuta e Melilla destinar estos recursos á finalidade para a que sexan concedidos, xa que serán as que xestionen os créditos e terán que render contas ante o Ministerio de Facenda e os órganos de control externo.
Compromiso
A empresa beneficiaria destas ayudas deberá xustificar ante el órgano concedente o mantenemento da actividade que da dereito ás axudas a 30 de xuño de 2022.
Prazo
Estes Convenios deberán asinarse no prazo dun mes desde a entrada en vigor do presente Real Decreto-Lei, procedéndose polo Ministerio de Facenda á transferencia dos fondos correspondentes a cada Comunidade Autónoma dentro dos 10 días seguintes á data en que adquira eficacia cada convenio.
2) Liña para a reestructuración da débeda financieira Covid
Obxecto
Establecer medidas de apoio público e introducir un Código de Boas Prácticas que, entre outros aspectos, fomente a coordinación de entidades financieiras na adopción de medidas que contribúan a reforzar a solvencia das empresas e persoas traballadoras autónomas con domicilio social en España que atravesen un desequilibrio patrimonial temporal como consecuencia da caída significativa dos seus ingresos derivada da pandemia da COVID-19 e conten con aval público.
Dotación
A dotación desta liña é de 3.000 millóns de euros que se poderán aplicar a tres niveis de actuación sobre os préstamos que contan con aval público:
· Primer nivel: Extensión do prazo de vencimento dos préstamos, adicional á prolongación aprobada o pasado novembre.
· Segundo nivel: Convertir estes préstamos en préstamos participativos, mantendo a cobertura do aval público.
· Terceiro nivel: Excepcional e de último recurso, realizar transferencias directas a persoas traballadoras autónomas e pemes para a reducción do principal da financiación avalada contraída durante a pandemia.
Co fin de articular estas medidas -ha indicado Calviño-, se aprobará un Código de Buenas Prácticas para articular estas medidas e que o sector financieiro e el resto de organismos poidan implicarse no apoio destas empresas.
3) Fondo de recapitalización de empresas afectadas por Covid
Obxecto
Achegar apoio público temporal baixo criterios de rendibilidade, risco e impacto en desenvolvemento sostible, para reforzar a solvencia das empresas con sede social en España, en forma de instrumentos de débeda, de capital e híbridos de capital, ou unha combinación deles, a empresas non financeiras, que previamente o solicitaron e que atravesen dificultades de carácter temporal como consecuencia da pandemia da COVID-19.
Dotación
A dotación deste Fondo ascende a 1.000 millones de euros, que se integrará no
Tesoro Público o importe dos dividendos, intereses, plusvalías e calesquera outras
remuneracións que resulten das inversión ou operación que se realicen.
Xestión
Este fondo será xestionado pola Compañía Española de Financiamento do Desenvolvemento (Cofides), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e complementa ao fondo SEPI para a recapitalización de empresas estratéxicas de maior tamaño.
Compromiso
A súa utilización conlevará a participación do Estado nos beneficios futuros das empresas, así como unha estratexia de saída.
—
Normativa
Real Decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/13/pdfs/BOE-A-2021-3946.pdf