O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a Orde pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas (TR400B) e do Programa II hostalaría (TR400C), cos que o Goberno Galego completa o seu Plan de Rescate ás persoas traballadoras autónomas xurdido pola crise do COVID 19.

O Programa I microempresas vai dirixido as micropemes, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente especializados afectados por un ERTE. O seu orzamento é de 37 millóns de euros, dentro dos cales 2 millóns están reservados para as pemes de sectores especialmente paralizados.

O importe da axuda será de 4.000 euros de apoio económico que se abonarán en dous pagos de 2.000 euros, un no momento da resolución da concesión dentro do ano 2020 e outro no mes de xaneiro de 2021, despois da comprobación de que se cumpren os requisitos.

Para as actividades económicas especialmente paralizadas, incrementarase o importe da axuda en 1.000 euros máis, abonándose, de este xeito, 2.500 euros no ano 2020 e 2.500 euros no 2021.

En canto ao Programa II hostalaría, que conta cun orzamento de 17 millóns de euros, vai dirixido a microempresas, pemes ou traballadores autónomos ou con persoal contratado ao seu cargo do sector da hostalaría que estean afectadas polo peche conforme as autoridades sanitarias.

Así, corresponderalle 1.500 euros por mes de paralización da actividade dun establecemento, contando desde outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose a parte proporcional. Se o establecemento conta con 10 o máis traballadores, o apoio económico será de 2.000 euros, tamén cun mínimo de dúas semanas (neste caso sería de 1.000 euros por mes e establecemento).

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda, que se aboará no ano 2020, sendo compatible coas do Programa I e con outras que poidan otorgar as admninistración públicas.

O prazo de presentación da salicitudes para ambalas dúas axudas será dun mes desde o día seguinte á data da publicación e deberá facerse por medios electrónicos, obrigatoriamente, na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal.

Para máis información ou resolver dúbidas, a Consellería de Emprego e Igualdade puxo á disposición dos interesados o teléfono 900 815 600 e a web www.oficinadoautonomo.gal.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?