Axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C); adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liña I. Elaboración e Implantación de plans de igualdade (TR357C):MIN.10 Persoas  traballadoras e max. 49.

A elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.
A elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas nunha diagnose previa.
implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa aprobase a entidade para o seu primeiro ano de vixencia.
A contratación (GC 1 ou 2) a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/o coñecementos acreditados en materia de igualdade.
Non serán compatibles os apartados a) e b) con c) na mesma convocatoria
Liña II. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D)
Incentivos para o fomento do teletraballo. MINIMO 1 Persoa traballadora . Non serán beneficiarias aquelas empresas que pertenzan a sectores da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC). Número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.
Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. MINIMO 5 Persoas traballadoras
Adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo. MINIMO  1 Persoa traballadora Que teñan un acordo de teletraballo en vigor na data de presentación da solicitude:
Elementos subvencionables: computador persoal, medios materiais para o acceso a internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas para desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar. Non será subvencionable o software.
Non serán beneficiarias aquelas empresas que pertenzan a sectores TIC.
As solicitudes de axuda para as sublíneas 1 e 2 da liña II serán incompatibles na mesma convocatoria
Liña III. Certificacións da RSE (TR357B): Subvencionarase a obtención de certificacións ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: MIN. 5 Persoas  traballadoras
Para todas as liñas as actividades subvencionables deberán comprender do período comprendido 01/01/2023-31/10/2023
Contía de axúda
Liña I. Elaboración e Implantación de plans de igualdade (TR357C):MIN.10 Persoas  traballadoras e max. 49.
Ata o 80 % dos custos diagnoses previa da realidade da empresa, máx. de 3.000 €/20 persoas traballadoras e máx. 5.000 € demais supostos.
Ata o 80 % dos custos elaboración dun plan de igualdade, máx. de 1.500€/ 20 persoas traballadoras, e máx. 3.000 € demais supostos.
Ata o 80 % dos custos implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade máx. 1.000 €/ 20 persoas traballadoras, e máx. 2.000 € demais supostos.
12.000€ contratación (mínimo un ano) dunha persoa experta en igualdade.
Orzamento 250.000€
Liña II. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D)
Sublinea 1: Incentivos para o fomento do teletraballo
2.000€/posto (máx 8.000€ empresa)
Incrementarase 1.000 € as empresas con taxa ocupación feminina maior/igual que a masculina.
Orzamento 150.000€
Sublinea 2: Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria.
8.000€/ empresa
Incrementarase 1.000 € as empresas con taxa ocupación feminina maior/igual que a masculina.
Orzamento 700.000€
Sublinea 3: Adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
80% do investimento, máx. 1.500€/traballador beneficiario máx. 20.000 €/empresa
Incrementarase 1.000 € as empresas con taxa ocupación feminina maior/igual que a masculina.
Orzamento 200.000€
Persoas beneficiarias
Pemes, micropemes e traballadores autónomos con traballadores por conta allea e domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica e estean constituídas no momento de presentar a solicitude. Para as liñas II e III, tamén empresas con centros de traballos en Galicia.
Deberán ter o mínimo de traballadores indicados anteriormente por cada tipo de liña.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade ≥50 % desde o 01/01/2023 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo deste % só terase en conta as traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo.
Non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polas mesmas liñas ou sublineas, en anos anteriores.
Tampouco serán beneficiarias as entidades públicas. Non poderán ser beneficiarias das axudas do suposto d) da liña I (contratación) aquelas empresas de consultoría ou asesoría que teñan entre as súas actividades o asesoramento na elaboración e implantación de plans de igualdade ou a formación en igualdade.
Prazo de solicitude
O prazo de solicitude comprende:
Desde 11/02/2023 (00:00h) – ata 10/03/2023 (23:59h)
Concorrencia competitiva (por puntos).
Réxime de Minimis
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?