A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca subvencións para entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas desempregadas, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa inserción laboral.

Orzamento total: 6.500.000 € (60% FSE+  40% Xunta de Galicia/SEPE).

Gastos subvencionables (contía por persoa contratada durante 9 meses, a xornada completa):

Grupo 1 (enxeñeiros/licenciados): 22.876,56 €

Grupo 2 (enxeñeiros técnicos/peritos): 18.970,11 €

Grupo 3 (xefes administrativos/taller): 16.504,56 €

Grupos 4 a 10 (axudantes, oficiais, peóns…): 16.380,09 €

Outros requisitos:

Contratos de duración mínima de 9 meses.

Xornada laboral a tempo completo.

Persoas beneficiarias maiores de 18 anos e menores de 30, inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Límite: unha única solicitude por entidade.

Prazo de solicitude: 1 mes dende o día seguinte á publicación no DOG (ata o 22/09/2025, agás esgotamento de crédito).

Presentación: exclusivamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250822/AnuncioG0767-130825-0002_gl.html

TR349Z-GX ORGANISMOS INTERMEDIOS