A prórroga da Estratexia de Seguirdade e Saúde no Traballo 2015 – 2020, deseñada polo Goberno central en colaboración coas Comunidades Autónomas e os interlocutores sociais, acaba de ser aprobada polo Consello de Ministros como marco de referencia das políticas públicas en materia de seguirdade e saúde no traballo, orientando as actuacións das institutcións competentes e con responsabilidade na prevención de riscos laboráis.
Coa finalidade de favorecer a consecución de resultados nunha sociedade cada vez máis concienciada coa seguridade e saúde no traballo como parte fundamental do benester social, a aplicación de directrices comúns e compartidas asegura unha mellora continua das condicións laboráis e o desenvolvemento de políticas preventivas eficaces, garantindo o dereito á seguridade e a saúde no traballo.
Ademáis, a mellora das condicións de traballo reduce o custo derivado dos accidentes laborais e as enfermidades profesionais e, por tanto, debe servir de catalizador para o incremento da produtividade das empresas, o crecemento económico, a xeración de emprego no noso país e para mellorar a calidade de vida dos traballadores.