No DOG de hoxe publicouse a orde do 9 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).
OBXECTO
1. Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas mozas incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (código do procedemento TR352C).
2. Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas que non estivesen traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación, maiores de dezaoito anos, incluídas e beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que procure a práctica profesional necesaria para a integración sustentable no mercado de traballo.
¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde, as entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación da presente convocatoria estean inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) na categoría de iniciativa social do dito rexistro e que estean incluídas nalgunha das áreas de actuación recollida no RUEPSS: comunidade (servizos comunitarios), dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade e sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS
As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
e) Aboar ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes á súa categoría profesional e titulación, e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais.
f) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer ao seu vencemento e mediante transferencia bancaria as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.
g) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, e ás que poidan corresponder á Comisión e ao Tribunal de Contas Europeo.
Para os efectos dun correcto seguimento do desempeño das tarefas subvencionadas, a entidade beneficiaria da subvención deberá manter unha planificación permanentemente actualizada e respecto de cada unha das persoas traballadoras contratadas, no relativo ao lugar de realización do servizo e á distribución do tempo de traballo por día da semana. A dita planificación deberá estar á disposición da Administración actuante para achegala cando se lle requira.
h) Comunicarlle á Secretaría Xeral de Emprego aquelas modificacións que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as persoas traballadoras contratadas, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
i) Presentar ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo de 15 días desde a finalización do contrato subvencionado, unha memoria final, que deberá conter, como mínimo, a descrición do servizo subvencionado especificando as actuacións realizadas, o nome, perfil profesional, categoría profesional pola que se contrataron as persoas traballadoras subvencionadas, e a práctica profesional adquirida por elas, a data de inicio e de fin do contrato, asinada tanto polo traballador como polo responsable da entidade.
j) As entidades beneficiarias deberán proporcionarlle ao persoal contratado tarxetas identificativas do servizo subvencionado, no modelo que estableza a Secretaría Xeral de Emprego e que se publicará na web institucional da Xunta de Galicia na ligazón http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/secretaria-xeral-de-emprego?content=iniciativa_0…, no cal constará a colaboración da consellería e mais o cofinanciamento polo FSE e a súa inclusión na Iniciativa de emprego xuvenil. O persoal contratado deberá levalas consigo cando estea a realizar a actividade obxecto da subvención.
k) Respectar as normas de subvencionalidade do gasto financiado polo FSE, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, e o artigo 13 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, a Orde ESS/1924/2016 do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020.
l) Garantir os principios horizontais das axudas recollidos no Regulamento (UE) núm. 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, no seu artigo 7, respecto á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a non discriminación.
m) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, así como adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia á «Iniciativa de emprego xuvenil. O FSE inviste no teu futuro»; nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.
n) Cumprir con cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa de emprego xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.
ñ) No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto a cada unha das persoas polas que se percibiu a subvención, os indicadores de resultado inmediatos a que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo, modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. A información obtida será posta en coñecemento da rede de técnicos de orientación laboral específicos do Servizo Público de Emprego de Galicia, polo mecanismo de coordinación que se determine, para os efectos dun mellor cumprimento dos obxectivos do Sistema nacional de garantía xuvenil.
o) Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión.
p) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
q) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
r) Unha vez recibidos os fondos, tanto do anticipo como do pagamento final, a entidade beneficiaria deberá remitir á Secretaría Xeral de Emprego unha certificación acreditativa da súa recepción. Para estes efectos deberá presentar os extractos bancarios xustificativos do ingresos dos respectivos importes.
s) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.
t) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
REQUISITOS DOS SERVIZOS QUE SE PRESTARÁN Ó ABEIRO DESTA ORDE
Os servizos que se desenvolvan ao abeiro desta orde deberán ser de interese xeral e social e non estar afectos ao desenvolvemento dunha actividade económica conforme o establecido pola xurisprudencia comunitaria, e deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que sexan prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.
b) Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a duración subvencionada dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 7 meses e a xornada a tempo completo.
A ONDE ACUDIR
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO
SERVIZO DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545604 / 981545767 / 981544714 / 981957739 / 981544612
ÓRGANO RESPONSABLE
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
PRAZO
Prazo de presentación: PECHADO, 25/05/2019 – 24/06/2019.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
RESOLUCIÓN
Prazo de resolución: tres meses.
Sentido do silencio: negativo.
ENLACE Á NORMATIVA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190524/AnuncioG0424-100519-0006_gl.html
ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA DO PROCEDEMENTO