PLAN GALICIA EMPREGA – TR342C

Obxecto

Favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

Persoas Beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as persoas autónomas que realicen contratacións por conta allea e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Inclúense tamén as entidades sin ánimo de lucro, os centros especiais de emprego (excepto para facer contratos con persoas con discapacidade) e as empresas de inserción laboral (excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social).

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores.

As persoas contratadas terán que ser persoas desempregadas que cumpran algunha destas condicións:

·        Persoa nova: a persoa contratada ten que ter menos de 30 anos.

·        Persoa maior de 55 anos.

·        Emigrante retornado.

·        Muller.

·        Parado de Longa Duración: aquela que na data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como persoa desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.

·        Persoa discapacitada ou en risco de exclusión: a persoa terá que ter máis dun 33 % de discapacidade. A consideración de persoas en situación ou risco de exclusión social será para as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativa da devandita situación social.

As contratacións das persoas desempregadas que encaixan nalgún dos grupos anteriores teñen que realizarse entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023.

 

Liñas de axudas

Inclúe dúas liñas de axudas compatibles:

1. A liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

 

2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

 

1. Liña de incentivos á contratación por conta allea

Serán subvencionables:

a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada:

A. Persoa moza: 6.000 euros.

B. Persoa parada de longa duración: 10.000 euros.

C. Persoa de 55 anos ou máis: 10.000 euros.

D. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 10.000 euros.

E. Muller: 14.000 euros.

F. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 16.000 euros. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra C do punto anterior).

III. Se a persoa contratada é unha muller (incremento non aplicable na letra E do punto anterior).

IV. Persoas trans.

V. Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios en que as mulleres estean subrepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo II dispoñible para a súa consulta na sede electrónica da Xunta.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa: incentivo de 2.000 euros. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 euros.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 euros.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: a axuda consiste en 1.000 euros.

 

A contía máxima posible que se pode subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 36.000 euros.

 

Incompatibilidades

Son incompatibles con outras axudas que, pola contratación das mesmas persoas traballadoras, poidan outorgar ás administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

 

2. Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo

Serán subvencionables as accións formativas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial previstos nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda.

b) A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada antes do 29 de outubro de 2023.

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos.

 

Forma e Prazo de Presentación

As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342C

O prazo para a presentación das solicitudes destas axudas comeza o 1 de febreiro e rematará o 29 de setembro de 2023.

A presentación da solicitudes supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa ou entidade beneficiaria dela.

En concorrencia non competitiva (por orde de entrada). Réxime Minimis.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?