Durante os meses de novembro e decembro APE GALICIA comezará o Programa Formativo para Autónomos e Emprendedores financiados polo Concello de Pontevedra, que inclúe diferentes Talleres gratuítos e presenciais que se desenvolverán na sede desta asociación na c/ Gagos de Mendoza nº 2 Baixo 2 de Pontevedra.

Comezaremos co Taller de «Identidade e Marqueting Visual» e » Empaqueta-2″ o vindeiro xoves, día 14 de novembro ás 20:30 Horas​. Nestes talleres aprenderanse os factores básicos que interveñen na elaboración dun escaparate e na decoración dos diferentes espazos de negocio, así como os materiais empregados e as técnicas para a súa manexo a fin de crear ambientes decorativos de éxito. Os asistentes, adquirirán todos os coñecementos necesarios co obxectivo de ambientar o seu negocio e preparalo para o Nadal. Unha parte dos mesmos tratará o deseño de packagin e técnicas de paquetería. Ambos serán impartidos por Cany Juncal, docente con ampla experiencia e recoñecida escaparatista.

Pode contactar connosco para ampliar esta información ou inscribirse en info@apegalicia.es ou chamando ao teléfono 986 891 657.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?