A partir de mañá, 15 de abril, os comercios xa poderán rexistrarse ao programa BONOS ACTIVA COMERCIO, a través da web www.bonosactivacomercio.gal da Xunta de Galicia.
Os bonos estarán dispoñibles na mesma web para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Obxecto
O programa Bonos Activa Comercio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2021, ten como obxectivo incentivar a demanda comercial axudando economicamente as persoas consumidoras e fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña, intentando reducir o impacto económico derivado do cesamento e das restricións da actividade de determinados establecementos comerciais como consecuencia da situación ocasionada pola COVID-19.
Orzamento
Destinaranse 10.000.000,00 € inicialmente, podéndose incrementar en función da evolución do programa bonos Activa comercio co obxecto de aumentar o número de persoas beneficiarias e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.
Actividade subvencionable
Suvbenciónanse a compra de bens, a través dos Bonos Activa Comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Alta e requisitos dos comerciantes para a adhesión ao programa
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa Bonos Activa Comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal, nun prazo dun mes a partir do xoves 15 de abril de 2021.
Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
· Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia cumplindo as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
· Persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas.
· Alta nalgún dos seguintes grupos ou epígrafes do IAE:
– 651.1. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confeccións para o fogar, alfombras e similares e artigos de tapizaría.
– 651.2. Comercio polo miúdo de toda clase de pezas para o vestido e toucado.
– 651.3. Comercio polo miúdo de lenzaría e corsetería.
– 651.4. Comercio polo miúdo de artigos de mercería e paquetaría.
– 651.5. Comercio polo miúdo de pezas especiais.
– 651.6. Comercio polo miúdo de calzado, artigos de pel e imitación ou produtos substitutivos, cintos, carteiras, bolsos, maletas e artigos de viaxe en xeral.
– 651.7. Comercio polo miúdo de confeccións de peletaría.
– 652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
– 652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e artigos para a hixiene e o aseo persoal.
– 652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
– 653.1. Comercio polo miúdo de mobles (agás os de oficina).
– 653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica, así como de mobles de cociña.
– 653.3. Comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría, adorno, agasallo ou reclamo (incluíndo bixutería e pequenos electrodomésticos).
– 653.6. Comercio polo miúdo de artigos de bricolaxe.
– 653.9. Comercio polo miúdo doutros artigos para o equipamento do fogar NCOUP.
– 656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, roupa e enxoval ordinario de uso doméstico.
– 657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
– 659.1. Comercio polo miúdo de selos, moedas, medallas conmemorativas, billetes para coleccionistas, obras de arte e antigüidades, minerais soltos ou en coleccións, fósiles, insectos, cunchas, plantas e animais disecados.
– 659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipamentos de oficina.
– 659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
– 659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes.
– 659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxaría, prataría e bixutería.
– 659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
– 659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
– 659.8. Comercio polo miúdo denominado sex-shop.
– 659.9. Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta agrupación, excepto os que deban clasificarse na epígrafe 653.9.
– 972.1. Servizos de barbaría de señora e cabaleiro.
– 972.2. Salóns e institutos de beleza e gabinetes de estética.
O nome comercial e localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa Bonos Activa Comercio farase público na web www.bonosactivacomercio.gal.
Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.
Obrigas dos comercios retallistas adheridos ao programa
· Cumprir coas medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais fronte á COVID-19.
· Anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios coa imaxe corporativa do programa Bonos Activa Comercio.
· Facer o desconto directo do bono no tícket ou factura de compra emitido, de xeito que o usuario non chegue a realizar, en ningún caso, o desembolso do importe descontado.
· Especificar por escrito na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.
· Someterse ás actuacións de comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para verificar o adecuado funcionamento e xestión dos bonos e do programa en xeral.
· Conservar durante un ano todos os tíckets de compra ou facturas xustificativas da aplicación dos bonos.
· Custodiar con dilixencia as claves de acceso á plataforma co fin de evitar o seu uso indebido, comprometéndose a non facilitarllas a outras persoas ou establecementos.
Solicitudes e funcionamento dos bonos
Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal, aínda que, opcionalmente, poderase solicitar presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nas xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web //www.bonosactivacomercio.gal, e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet.
Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos aos consumidores e usuarios, o comerciante terá que descargar no seu móbil a APP correspondente.
En canto ao proceso no momento da compravenda, o comerciante terá que introducir na APP o importe e concepto da venda, automaticamente aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, o usuario deberá mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
Condición de uso dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses. Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.
A través da plataforma tecnolóxica do programa, os comerciantes terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico das vendas, os bonos xa trocados, os aboamentos feitos pola entidade colaboradora e os demais detalles de cada operación. O importe máximo de bonos que poderá trocar cada empresa é de 5.000,00 € (IVE incluído).
En caso de devolución do ben ou bens comprados, o importe da compra poderá ser trocado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un vale sen caducidade polo importe correspondente. O comerciante non poderá aboar ao consumidor, en ningún caso, diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito. Non será aplicable o cambio dos bonos para as compras en liña.
Normativa
Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
– ORDE do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios. 19074
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210414/AnuncioG0596-090421-0001_gl.html
– EXTRACTO da Orde do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios. 19089
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210414/AnuncioG0596-090421-0002_gl.html