Obxecto
Concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sostible e circular.
O procedemento de concesión destas subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ó réxime de axudas de mínimis.
Persoas Beneficiarias e Requisitos
Poderán ser beneficiarias das axudas:
– Os comerciantes minoristas que desenvolvan a actividade en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos legais para exercer a súa actividade. En caso de comerciantes en liña, debrán ter o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. Debrán ter a condición de peme (incluídas as persoas en situación de autoemprego) e dadas de alta nalgún dos epígrafes relacionados na orde reguladora.
– Os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
– Asociacións de comerciantes que teñan a condición de Centro Comercial Aberto e en todo caso as asociación de comerciantes, deberán ter unha antigüedade mínima de 3 años.
Considerarase subvencionable a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos.
Poderase acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.
En concreto, consideraranse subvencionables:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.
– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.
– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.
– Film de material biodegradable.
– Etiquetas.
– Pegamento e cinta adhesiva.
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
b) Asociacións de comerciantes:
– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
Características da axuda
As axudas concederanse réxime de concorrencia non competitiva.
Se require un investimento mínimo de 1.000,00€ para que o proxecto sexa subvencionable.
Establécense as seguintes porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionable:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras: 80% de porcentaxe de subvención
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras: 75% de porcentaxe subvencionable
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 traballadoras: 70% de porcentaxe de subvención
b) Asociacións de comerciantes: 90 %.
4. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230908/AnuncioG0692-170823-0001_gl.pdf