OBXECTO:
Convocatoria de subvencións dirixidas aos centros especiais de emprego para garantir a empregabilidade de persoas con discapacidade.
Se establecen tres programas de axudas:
a) Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego. Procedemento: TR341K
b) Programa II: axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade e adaptación de postos nos centros especiais de emprego.
Códigos de procedemento TR341E e TR341N
c) Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego. Código de procedemento TR341M
PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarios destas subvencións os Centros Especiais de Emprego que figuren inscritos como tal no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e eses centros de traballo deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
As persoas destinatarias finais serán persoas desempregadas ou ocupadas que teñan un grao de discapacidade recoñecido superior ou igual ao 33 %, que teñan un contrato laboral co CEE ou que sexan persoas socias traballadoras, no caso de que o CEE sexa unha cooperativa, e que desempeñen o seu posto de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
No programa I, as persoas destinatarias finais son as persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción sociolaboral, tal e como se definen no artigo 5.2.da orde.
CARACTERÍSTICAS DA AXUDA:
????Programa I: Subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (procedemento TR341K) Axudas para subvencionar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE de Galicia.
A contía base da axuda será de 1.000 euros anuais por cada persoa traballadora apoiada, co tipo e grao de discapacidade indicados no punto terceiro da orde, con contrato indefinido ou contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses. Esta contía reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos e da xornada laboral.
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes.
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023. A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.
????Programa II: Axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (procedementos TR341E e TR341N). O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables e financiar as adaptacións dos postos de traballo que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.
Neste programa recóllense dúas liñas de axudas:
- Axuda para a creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo (procedemento TR341E). Finánciase a creación de novos postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego ou a transformación en indefinidos dos contratos temporais.
Establécese unha contía base de 10.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido e a xornada completa. O importe desta contía será proporcional á xornada laboral. O importe anterior poderá incrementarse na porcentaxe dun 25 % por cada unha das seguintes circunstancias (acumulables entre si): ser muller, ter unha discapacidade con especiais dificultades de inserción ou estar en situación de risco ou exclusión social, ser maior de 45 anos, ser persoa emigrante retornada, ser persoa trans ou ter o centro de traballo nun concello rural.
A contía máxima que poderá percibir un CEE por posto de traballo creado é de 25.000 euros. Cada un dos centros de traballo CEE poderá solicitar axuda por un máximo de sete (7) postos de traballo.
- Axuda para a adaptación de postos de traballo (procedemento TR341N): Fináncianse a adaptación de postos de traballo para as persoas con discapacidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos CEE. A contía máxima será de 2.000 euros por cada posto adaptado.
O gasto realizado polos CEE de iniciativa social (excluídos o IVE ou, de ser o caso, os impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación) é subvencionable ata o 100 %. O gasto realizado polos demais CEE será subvencionable ata o 80 %.
O prazo de presentacion de solicitudes será dun mes. O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.
A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.
????Programa III: Axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (procedemento TR341M). O obxecto de estas axudas é financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencionarase cun importe do 50 % do salario mínimo interprofesional (SMI) correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social.
Para as persoas con discapacidade incluídas nalgún dos supostos do artigo 5.2 da orde reguladora, o importe será o 60 % do SMI.
No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes.
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.
A data máxima de xustificación será o 31 de decembro de 2023.
FORMA DE PRAZO E PRESENTACIÓN:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación das solicitudes para cada un dos programas previstos na orde establecerase en cada convocatoria de axudas e será, como mínimo, dun mes. Comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230911/AnuncioG0656-280823-0001_gl.pdf
Programa I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230911/AnuncioG0656-280823-0002_gl.pdf
Programa II: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230911/AnuncioG0656-280823-0003_gl.pdf
Programa III: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230911/AnuncioG0656-280823-0004_gl.html
_
????986 891 657
????apegalicia.es