Investimentos subvencionables
Poderase conceder esta axuda para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
Esta axuda terá unha liña de mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos:
– Compra de maquinaria.
– Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
– Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
– Compra de utensilios e ferramentas.
– Reforma do local do negocio.
– Equipamento informático.
– Equipamento de oficina e/ou negocio.
– Rótulos.
– Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
– Deseño de marca.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiaria do BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS:
As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA(*) ou mutualidade de colexio profesional, cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos de actividade e cun rendemento neto reducido no 2021 inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído).
As sociedades de calquera clase e comunidades de bens cunha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) e unha base impoñible inferior a 30.000 euros no Imposto sobre Sociedades no ano 2021.
As entidades que tributen no réxime de atribución de rendas cun rendemento neto reducido de actividades económicas declarado no IRPF da suma de todos os seus membros inferior a 30.000€.
(*) Quedan excluídas as persoas familiares e as persoas que cobrasen a axuda do Bono das persoas autónomas nalgunha convocatoria anterior.
Intensidade da axuda
80% do investimento cun importe máximo de: 3.000 €
O gasto debe estar realizado e efectivamente pagado entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Presentación da solicitude
→ No momento da solicitude debe presentarse a factura ou facturas xa pagadas que xustifiquen o investimento realizado.
→ Presentación obrigatoria por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
→ No caso de emenda, tomarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada esta.
→ A rede de persoal técnico de emprego de Galicia poderá prestar asistencia efectiva ás persoas solicitantes que carezan de medios para relacionarse telematicamente.
Obrigas das persoas beneficiarias
→ Dispor dos libros contables, rexistros ou documentos auditados esixidos pola lexislación mercantil ou sectorial.
→ Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de 2 anos desde a data de solicitude.
→ Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
→ Adoptar as medidas de difusión para dar publicidade ao financiamento público.