Non houbo acordo na primeira reunión entre os representantes das persoas traballadoras autónomas e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións que se celebrou este luns coa finalidade de ampliar a prestación por cese de actividade máis alá do 31 de xaneiro, medida tomada para axudar aos autónomos nesta situación xurdida pola crise do Covid-19.

A pesar de que o Ministerio mostrouse favorable en aceptar algunhas melloras plantexadas polos representantes dos autónomos como a eliminación do requisito de cobrar no mes de marzo esta prestación para poder volver a acceder a ela ou implementar aprazamentos da cuota á Seguridade Social aos que non podan pagala por esta situación, a negativa de baixar ata un 50% da couta das persoas traballadoras autónomas que teñan limitada a súa actividade por algún tipo de restrición sanitaria derivada desta tercera onda da pandemia provocou que non se acadara un acordo.

Sen embargo, ambas partes seguirán negociando e dando alternativas, como a de baixar ao 50% a caída de ingresos, para poder facer cambios nesta medida que facilite o acceso a prestación e sexa de utilidade, nos próximos meses que se prevén moi duros para o sector.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?