Esta mañá o noso presidente, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, participaron na presentación da Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 2027, elaborada coas achegas da Mesa do Emprego Autónomo na que participa esta asociación, APE Galicia, xunto coas outras principais entidades: UPTA-Agtamar e ATA.
O evento tivo lugar na Fundación Laboral da Construcción, en Santiago de Compostela. Alí a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, xunto co secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, presentaron a Estratexia de Impulso ao Emprego Autónomo coa que se prevé estimular a competitividade e a calidade dos proxectos empresariais e que contará cun orzamento de 360 millóns de euros ata o ano 2027, o dobre da súa predecesora.
Esta estratexia conta con tres eixos centrais:
1. Potenciar a calidade dos novos proxectos de autoemprego mediante o Impulso da Rede de polos de emprendemento, que conta na actualidade con 11 centros activos, e o «pack de inicio do autoemprego» no que as persoas autónomas que inicien a súa actividade a partir do 2024 disfrutarán da cota cero durante o primer ano.
2. Fortalecer o actual sistema de autónomos a través das liñas de axudas específicas e a Creación do Espazo Crece Autónomo para a formación de calidade especializada e o impulso dun espazo virtual de demostración de sistemas tecnolóxicos e de mercado. E ofertará, por outra banda, o Paquete de inicio do autoemprego, que combinará cualificación, asesoramento e axudas ao investimento.
3. Dinamizar o emprego autónomo creando o Observatorio do emprego autónomo.
A Xunta seguirá ata 2027 a reforzar as liñas de axuda específicas para o inicio de actividade, a xeración do emprego por parte dos traballadores autónomos e a conciliación. Tamén incidirá na mellora da seguridade e saúde laboral e no benestar destes profesionais e impulsará a remuda xeracional como fórmula de mantemento dos negocios tras a xubilación das persoas titulares.
Ademais da presentación desta axenda e das diferentes liñas de apoios que a Xunta de Galicia pon ao dispor das persoas traballadoras autónomas e emprendedoras, interviñeron na mesa de diálogo o presidente de ATA, Rafael Granados, o representante en Galicia de Agtamar -UPTA, Jesús Diéguez, a subdirectora xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Belén Liste e, o presidente desta asociación, José Ramón Caldas, quén aproveitou para rememorar o seu paso como traballador por conta propia e agradecer o papel fundamental da Xunta de Galicia á hora de defender e loitar polos intereses deste colectivo tantas veces esquecido pese a ser o motor principal de riqueza e emprego neste país.