Obxecto
Regular a concesión dos Premios do Comercio Galego 2025 para recoñecer o labor dos/das
profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como motor económico e social.
Características da axuda
Procedemento: concorrencia competitiva.
Categorías:
1. Premio Comercio Galego 2025 recoñecemento ao establecemento que
exemplifique valores de proximidade cun modelo moderno, competitivo e
adaptado.
2. Premio Comercio Traxectoria 2025 recoñecemento a comercios con máis de 30
anos de actividade, con ou sen remuda xeracional.
3. Premio Comercio Emprende 2025 para comercios novos con entre 2 e 4 anos de
antigüidade.
4. Premio Comercio Dinamización 2025 para asociacións/federacións de
comerciantes ou prazas de abastos sen ánimo de lucro, con proxectos de
dinamización 2023-2025.
5. Premio Comercio Sostible 2025 para comercios ou asociacións que promovan
consumo sustentable e responsable.
Contías
Comercio Galego 5.000 €
Traxectoria 3.000 €
Emprende 3.000 €
Dinamización 5.000 €
Sostible 3.000 €
Dotación global: 19.000 €, con cargo á partida 14.06.751A.481.0 (suxeito a retencións
fiscais).
Cada candidato/a só pode recibir un premio.
Presentación
Obrigatoriamente electrónica en https://sede.xunta.gal (Anexo II).
Identificación mediante Chave365 ou certificado admitido.
Prazo: 1 mes desde o día seguinte á publicación no DOG.
Documentación complementaria:
Memoria explicativa da candidatura.
Documentación acreditativa dos méritos.
Fotografías do establecemento (se é o caso).
Estatutos e acta de constitución (no caso de asociacións).
Obrigacións
As persoas/entidades premiadas deberán:
1Dar difusión ao premio no establecemento e colaborar na súa visibilización (art. 12.1).
Cumprir coas obrigas xerais do art. 11 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, en
especial:
Facilitar información á Intervención Xeral, Tribunal de Contas e Consello de
Contas.
Subministrar información para o cumprimento da Lei de transparencia e bo
goberno.
Reintegrar o premio en caso de incumprimento das condicións.
Manter relación electrónica coa Administración (notificacións vía Notifica.gal).
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250826/AnuncioG0767-210725-0001_gl.html