O pasado xoves, 3 de xullo, Ape Galicia, representada por Jose Ramón Caldas, presidente da asociación e Silvia Crespo tivo a honra de acompañar á Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) na entrega dos seus Premios Anuais, un acto celebrado no Gran Hotel da Toxa que reuniu a destacadas figuras do ámbito económico e institucional.
Durante a gala, recoñeceuse a traxectoria de dúas persoas referentes do empresariado galego. Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence – Leche Río, foi distinguida como Empresaria Galega do Ano, mentres que José López, empresario ourensán afincado en Newark (New Jersey), recibiu o galardón como Empresario Galego no Exterior.
A Cea de Gala contou coa asistencia de representantes institucionais da Xunta de Galicia, así como de empresarios, directivos e membros destacados do tecido económico, converténdose nun espazo propicio para o encontro, o intercambio de experiencias e o fortalecemento de lazos entre Galicia e a súa diáspora empresarial.
Desde Ape Galicia celebramos formar parte deste tipo de iniciativas que poñen en valor o talento e o compromiso do empresariado galego, tanto dentro como fóra do país.