Esta tarde celebrouse a primeira das Xornadas Formativas “Como Vender na Internet” organizadas por APE GALICIA, coa colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, #Pontelovers, do Concello De Pontevedra.

O presidente da asociación, José Ramón Caldas, xunto coa secretaria xeral da mesma, Sonia Acuña, e a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, quixeron presentar este proxecto que de xeito gratuito quere chegar ao maior número de negocios do concello de Pontevedra co obxectivo de axudalos na súa dixitalización.

Nesta primeira sesión, que tiña completas a súas prazas, o especialista Jaime Barreiro Laredo, de Cactus Digital, deu as claves do comercio electrónico, analizando as opcións para empezar coa venta en liña, con especial incidencia na plataforma e-ponte.com do Concello De Pontevedra.

No mes de xuño, continuarán as seguintes xornadas de 15 a 17 horas, cos seguintes temas:

·         1 de Xuño – APRENDE A VENDER USANDO AS REDES SOCIAIS

·         3 de Xuño – AUTOMATIZA OS TEUS PROCESOS E AFORRA TEMPO

·         8 de Xuño – WHATSAPP MÁRKETING: A FERRAMENTA IDEAL PARA COMUNICAR E VENDER

·         10 de Xuño – CONTROLA O TEU FLUXO DE CAIXA

·         15 de Xuño – FOTOGRAFÍA E VÍDEO DE PRODUTO: UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS

·         17 de Xuño – USO DE FERRAMENTAS PARA REUNIÓNS EN LIÑA

Os interesados poden incibirse na páxina web www.apegalicia.gal ou a través do whatsapp no número 697 195 540.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?