Obxecto
Promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, o procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Persoas Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega: As persoas galegas e nacidas en Galicia e os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia 7/02/25 e rematará o 30/09/25.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250130/AnuncioG0767-030125-0002_gl.pdf

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?