PONTEVEDRA, 6 de maio de 2020. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia poñen en marcha o programa Reinicia Pontevedra para persoas traballadoras autónomas e pemes. Nesta iniciativa para o relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

A primeira acción do programa é o Ciclo de 7 encontros virtuais “Reinicia o teu Negocio”. Abordarán temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra. Participarán especialistas en xestión empresarial e mesmo emprendedores da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.

As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son:

•      11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.

•      14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible.

•      18 maio: Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxística.

•      21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.

•      25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e marketing.

•      28 maio: Estragexia de comunicación dixital e física.

•      1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.

Terán lugar sempre os luns e os xoves, ás 15:30 por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións gratuitas pódense facer xa na web de APE Galicia, no correo info@apegalicia.es e no teléfono 697 195 540.

 A segunda acción do programa son 25 asesoramentos individuais gratuitos. Trátase de sesións singulares porque cada negocio ou microsector é distinto. O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento. Neste asesoramento, poderanse compartir 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.

O programa técnico está coordinado por Miguel Ángel Souto Fraga, director de CIMAK Consultores de Vendas e Marketing de Pontevedra e experto formador empresarial. Tamén contará con especialistas e emprendedores da cidade, segundo a temática a tratar en cada videoconferencia.

Segundo o enfoque deste programa de relanzamento empresarial, os 4 cambios principais que se atopan os negocios nesta etapa de reinicio son:

1.      Hai un novo cliente, afectado nos seus valores e comportamentos, que vai pedir cousas diferentes ás empresas.

2.      Hai un novo xeito de comprar, que vén dado por esa modificación de valores.

3.      Hai unha nova realidade dixital que vai moito más aló de ter aberta unha web, tenda online ou redes sociais.

4.      Hai novas oportunidades de negocio que xurden, e outras que haberá que abandoar ou adiar.

 

Ante esta realidade os obxectivos desta acción son 3:

1.      –Entender  a dimensión dos cambios que se produciuron e potenciar a actitude de reacción inmediata.

2.      Favocecer a reflexión estratéxica en cada negocio, e achegarlles ferramentas prácticas para usar dende o primeiro día tras o confinamento.

3.      Activar e guiar de xeito individualizado ou por microsectores ás persoas autónomas e pemes de Pontevedra.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS GRATUITAS EN:

www.apegalicia.es

Tel: 697 195 540

info@apegalicia.es

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?