A Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas correspondentes ao programa PE610C, financiado a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).
Estas axudas están dirixidas a persoas físicas ou xurídicas armadoras de buques pesqueiros inscritos no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu obxectivo é facilitar o embarque de estudantes dos ciclos formativos náutico-pesqueiros que precisan realizar un período de formación a bordo para obter a súa titulación profesional no sector pesqueiro.
Con esta iniciativa búscase fomentar a experiencia práctica dos futuros profesionais do mar e favorecer a remuda xeracional no sector, garantindo a súa formación en condicións reais de traballo.
A convocatoria establece un réxime de concorrencia non competitiva e estará aberta desde o 4 de xuño de 2026 ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, como máximo, ata o 30 de outubro de 2026.
https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=PE610C