Obxecto
A orde regula a concesión de axudas destinadas a compensar os efectos da parada
obrigatoria da actividade marisqueira desde embarcación, nos bancos de moluscos
bivalvos: – –
En zonas de libre marisqueo
En zonas de autorización das confrarías de Ferrol e Barallobre
A paralización tivo lugar entre o 16 de abril e o 16 de xullo de 2025, como medida técnica
de conservación.
Características da axuda
O período subvencionable é de 62 días (do 16/04 ao 16/07 de 2025).
A embarcación debe permanecer totalmente inactiva, sen despachos nin vendas.
Os roles de despacho deben estar correctamente entregados e recollidos ante a Capitanía
Marítima.
1
A actividade debe terse realizado, parcialmente, en zona de libre marisqueo ou Zona VII.
Non se pode compatibilizar a axuda con traballo por conta allea, propia, nin prestacións por
desemprego ou cese de actividade (salvo excepcións como maternidade ou incapacidade).
A embarcación e os/as beneficiarios/as deben estar ao día en obrigas fiscais e coa Seguridade
Social.
A axuda está cofinanciada ao 70 % polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de
Acuicultura) e ao 30 % pola Xunta de Galicia.
Persoas Beneficiarias
Poderán solicitar a axuda:
Persoas armadoras de embarcacións que:
Estean activas nos rexistros pesqueiros galegos.
Teñan realizado actividade durante mínimo 120 días nos anos 2023 e 2024.
Conten con permiso de explotación vixente nas zonas afectadas
Persoas tripulantes que:
Estivesen enroladas nunha embarcación afectada.
Teñan tamén 120 días mínimos de actividade nos anos 2023 e 2024.
Estean de alta na Seguridade Social no momento da parada.
Autónomos/as: só poden ser beneficiarios/as se son armadores/as enrolados/as como
tripulantes.
Prazo de presentación
Desde o 8 de agosto ata o 8 de setembro de 2025 (inclusive).
A presentación é obrigatoriamente electrónica:
https://sede.xunta.gal
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250807/AnuncioG0427-240725
0001_gl.html