Obxecto
O obxectivo destas axudas é compensar a paralización temporal para os efectos derivados
de implantar a veda temporal, como medida ténica de conservación dos recursos, que
supuxo a suspensión temporal da actividade marisqueira nos plans de xestión aprobados
para o periodo 2024-2026, nas entidades de Ferrol, Barallobre e Mugardos.
Características da axuda
O período subvencionable da paralización temporal da actividade de marisqueo a pé e de
marisqueo a pé con embarcación auxiliar abrangue do 16 de abril ao 16 de xullo, ambos
incluídos, cun máximo de tres meses subvencionables. A suspensión da actividade
marisqueira derivada da implantación desta medida de conservación deberá ter lugar
durante, polo menos, 30 días nese ano civil
Persoas Beneficiarias
• Persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé e permisos de
explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar de recursos
marisqueiros.
• Para obter a condición de persoa beneficiaria, debe ter levado a cabo unha actividade
extractiva (días de actividade) de, cando menos, 120 días durante os anos 2023 e
2024. Estes 120 días mínimos deberanse ter realizado nas modalidades de marisqueo
xeral e/ou de recursos específicos.
Prazo de presentación
Un mes dende o día seguinte a publicación da orde no Diario oficial de Galicia (07/08/2025)
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250807/AnuncioG0427-290725
0003_gl.html