A partir do próximo venres 5 de marzo será obrigatorio para todos os establecementos hostaleiros de Galicia que queran abrir e prestar servizo, mostrar nun sitio visible na entrada a información do aforo permitido do local e o novo código QR para a hostalaría asociado a aplicación Passcovid da Xunta de Galicia.
Este código QR que permitirá rastrexar tanto ao local, como aos visitantes ou clientes para ter un control real sobre o público atendido, xa está disponible na páxina web da Xunta de Galicia Turespazo.
Para descárgalo, xunto cos carteis co aforo permitido, tanto na parte interna ou externa do negocio segundo o nivel de alarma, hai que seguir unha serie de pasos que detallamos a continuación:
1) Alta no rexistro de Xunta de Galicia na web Turespazo
O propietario do negocio hostaleiro ten que darse de alta no rexistro da Xunta de Galicia na páxina web Turespazo, onde tamén se poderá obter o código QR e os carteis.
Ao entrar na web, solicite o alta premendo a ligazón Nuevo Usuario e abrirase unha nova xanela para completar a información básica para o novo usuario: nome, apelidos, dirección de correo electrónico, NIF/CIF, teléfono de contacto e a signatura.
Ademais destes datos personais do responsable, tamén vai pedir o código de inscrición do establecemento, que se pode atopar no libro de visitas de inspeción turística e no alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
Este código está composto por letras e números que correspóndense ao tipo de establecemento, a provincia onde se atopa e o código numérico do mesmo.
2) Acceder as ferramentas para o establecemento
Unha vez creada a conta, xa se pode identificar na páxina inicial da web de Turespazo para acceder a ferramenta, onde aparecerán os establecementos que se atopen baixo o cargo da persoa responsable, que poden ser bar, cafetería e restaurante.
Ao escoller un deses establecementos, entramos na súa páxina onde podemos atopar as sección de datos do establecemento, comida para levar ou Declaración de Aforo e trazabilidade. Esta última é a que nos interesa.
3) Declaración de aforo e trazabilidade
Na sección de «Declaración de aforo e trazabilidade” atoparás o apartado para engadir a cantidade máxima de persoas que o establecemento pode atender tanto no interior como no exterior.
Para facilitar o cálculo necesario para a Declaración de aforo e trazabilidade, obrigatoria para a apertura do local, a plataforma dispón dunha ferramenta calculadora na que se pode añadir a información sobre os metros cadrados do local ou a cantidade máxima de persoas, e ela completará os outros datos.
4) Cartel informativo e código QR
Unha vez completados os anteriores pasos, o propio sistema xerará o cartel informativo sobre o aforo do establecemento e o código QR do mesmo, para colocar na entrada, nunha zona visible.
O propietario poderá elexir o idioma do cartel (galego, español, inglés) e imprimilo enformato A2 ou A3, segundo o espazo que teña para colocalo.
O código QR será o asociado á aplicación Passcovid da Xunta de Galicia. No caso de que os usuario non teñan esa aplicación no móvil, o local disporá de códigos QR persoalizados que lles permita a rastreabilidade en caso dunha detección de COVID-19 positivo.
A pesar de ser rercomendable, os clientes non están obrigados a escanear o QR para entrar nun establecemento, aínda que toda a hostalaría de Galicia debe ter o seu código disponible na entrada a partir do 5 de marzo.,
Aplicación Passcovid
Esta aplicación oficial da Xunta de Galicia, que naceu como ferramenta de información polo coronavirus e para rastrexar posibles contaxios, pódese descargar tanto para teléfonos Android ou para o IPhone.
Unha vez descargada, sólo hai que aceptar as condicións legais, elexir idioma e indicar o noso concello para poder utilizala.
Para poder escanear o código QR dun establecemento que se vai a visitar, elexir o icono de posición (o cuarto na marxe inferior da aplicación).
Permitir o acceso á nosa cámara do móbil para poder facer a captura do QR do local, engadindo a información na miña lista de visitas.