Programa I Microempresas

Obxecto:

Este programa ten por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ou ao seu cargo,  microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolvan a súa actividade económica en sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

Persoas beneficiarias:

Microempresas ou traballadores autónomos con persoal contratado ao seu cargo e que pertenzan a calquera tipo de sector económico.

Excepcionalmente, poderanse acoller tamén as pemes, sempre que pertenzan a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada como consecuencia da crise do  COVID 19 (lecer nocturno, feiras e negocios encadrados en determinados CNAE relacionados coa cultura, o turismo e o lecer en xeral).

Orzamento:

37 millóns de euros dos cales, 35 millón de euros destínanse a todos os sectores económicos e resérvanse 2 millóns de euros para os sectores especialmente paralizados.

Publicado hoxe no DOG, unha ampliación do orzamento en 2.200.000 €, repartido en 1.100.000 € para os importes das axudas de 2020 e os outros 1.100.000 € para os de 2021.

Características da axuda:

4.000 euros de apoio que se abonarán en dous pagos de 2.000 euros, un no momento da resolución da concesión da axuda dentro do ano 2020 e outro no mes de xaneiro de 2021, despois da comprobación de que se cumpren os requisitos.

Para as actividades económicas especialmente paralizadas, incrementarase o importe da axuda en 1.000 euros máis, abonándose 2.500 euros no ano 2020 e 2.500 euros no 2021.

Requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que teñan ou tivesen autorizado un  ERTE derivado da crise COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación descendese polo menos un 45% no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e o primeiros tres trimestres do ano 2020

– Que está ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ninguna débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Que non estea afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

– Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Compromiso:

Manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a publicación da orde. Non se entenderá como incumprido este compromiso cando o contrato de traballo extíngase por despedimento disciplinario procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente, nin polo fin dun contrato fixo descontinuo cando non supoña un despedimento senón a interrupción do mesmo. En particular, no caso de contratos temporais, este compromiso non se considerará extinguido cando se extinga por  expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poida realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

Data de publicación: 27/11/2020

Data de inicio de solicitude: 28/11/2018

Data fin solicitude: 28/12/2020

Procedemento: TR400B

Presentación da solicitude:  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR400B

Programa II Hostalería

Obxecto:

Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con personal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas, as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Persoas beneficiarias:

Microempresas, pemes ou traballadores autónomos ou con persoal contratado ao seu cargo do sector da hostalaría; considerándose tamén dentro do sector os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos.

Orzamento:

A dotación é de 17 millóns de euros.

Características da axuda:

1.500 euros de apoio económico por mes de paralización da actividade dun establecemento, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose a parte proporcional (neste caso, 750 euros por mes e establecemento).

2.000 euros de apoio económico por mes paralizado dun establecemento que ocupen 10 ou máis de 10 persoas traballadoras, desde outubro, cun mínimo de dúas semanas (neste caso, 1.000 euros por mes e establecemento).

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa o entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

O aboamento realizarase polo cen por cento no ano 2020.

Estas axudas son compatibles co Programa I e coas demáis axudas que poidan outorgar as administración públicas.

Requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que estean afectados polos supostos de peche do establemecemento ou de peche perimetral do concello pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia desde o mes de outubro.

-Que teñan pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas, entendendo que non se lles permita o consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.

-Que está ao día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ninguna débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Que non estea afectada polo réxime de minimis a que se acolle esta orde.

– Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

 

Data de publicación: 27/11/2020

Data de inicio de solicitude: 28/11/2018

Data fin solicitude: 28/12/2020

Procedemento: TR400C

Presentación da solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR400C

Programa II Re-Acciona

Cuarta convocatoria das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Obxecto:

Servizos obxecto de apoio

1. A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

* Adopción de solucións de dixitalización:

– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.

– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.

– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.

– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.

2. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

* Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.

– Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais.

– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Optimización da produción e cadea loxística.

– Asesoramento para o relanzamento comercial.

*Innovación:

– Preparación de procesos certificables.

– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Protección da innovación.

– Asesoramento para o financiamento da innovación.

3. As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, ben que non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estiver finalizada.

4. Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, achegando a metodoloxía de traballo e asegurando a súa calidade.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

Requisitos:

a)    Para todos os servizos definidos no artigo 1, as solicitantes deberán contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.

b)    Para o «Servizo de construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial», as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo, ou comprometerse a realizalo durante a primeira fase deste. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas no desenvolvemento da estratexia (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

c)    Para o «Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal», as pemes deben ter desenvolvido previamente un plan estratéxico que dese orixe aos plans de acción que se van desenvolver. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas na execución de plans (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).

 

Data de publicación: 08/11/2020

Data de inicio de solicitude: 09/11/2018

Data fin solicitude: 28/12/2020

Procedemento: IG401A

Órgano responsable: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

 

Presentación da solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG401A

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?