Antes de profundizar sobre os diferentes tipos de autónomos, imos recordar cales son as características dos traballadores por conta propia:

Un autónomo é un traballador independente, é dicir realiza unha actividade económica habitual, directa e por conta propia, polo que está obrigado a emitir factura e cotizar de forma directa e mensual na Seguridade Social. Pero dependendo da actividade a que se adiquen teñen direferentes características xa que non é o mesmo adicarse a actividades empresarias como un hosteleiro que desempeñar actividades artísticas ou relacionadas co mundo dos deportes. Asimismo, también conviene que sepas que los trabajadores autónomos se dividen en dos grupos, dependiendo del tipo de actividad que realicen.

????Traballadores autónomos: trátase das persoas físicas que realizan de forma habitual, persoal e directa, por conta propia unha actividade económica con fins lucrativos. Non está suxeita a un contrato de traballo e pode dar emprego a traballadores por conta allea. Ademais posue titularidade para contar cun establecemento aberto ao público. Dentro deste grupo existen dúas categorías:

  1. Os que cotizan mediante actividades empresariais dentro do Imposto de Actividades Económicas. É o caso de taxistas, comerciantes, hosteleros, centros de estética ou construción.
  2. Os artistas e deportistas que inda que cotizan polo mesmo Imposto de Actividades económicas inclúense nunha categoría especial.

????Freelance: son as persoas que realizan a súa actividade de xeito independente e poden ter ou non persoas ao seu cargo. O mais común é que traballen dende o propio domicilio pero non sempre se cumpre. Outro rango que os identifica é que desenvolven a súa ocupación para os profesionais incluídos no listado de actividades profesionais do Imposto de Actividades Económicas. Están divididos en dúas clases:

  1. Colexiados: cotizan a súa mutualidade de previsión social a través dos colexios profesionais como alternativa ao RETA. Neste grupo inclúense: avogados, fisioterapeutas, farmacéuticos…
  2. No colexiados: non contan cun colexio específico, pero atópanse incluídos como profesionais no Imposto de Actividades Económicas. Algúns exemplos deste tipo de traballadores son: tradutores, escritores, publicistas, maquilladores…

????Societarios ou empresarios: denomínase asi ás persoas que contituiron unha sociedade mercantil, é dicir, unha empresa independente da forma xurídica que teña. Adoita ocorrer con aqueles negocios que acadan certa dimensión e contan cun número significativo de traballadores contratados, polo que o autónomo opta por crear unha sociedade. É importante señalar que non todos os socios dunha empresa están obrigados a darse de alta como autónomos, se non que no caso de constituir unha Sociedade Limitada soamente teñen a obrigación os que cumpran estes supostos:

  • Posuír máis do 50% do capital da empresa
  • Ter menos do 50%, pero convivir con familiares directos que tamén sexan socios e a suma das participacións supere esta porcentaxe
  • Exercer labores de dirección e xerencia e posuír mais do 25% do capital. No caso de non alcanzalo o socio pode afiliarse ao Réxime Xeral Asimilado pero non contará con dereito a prestación por desemprego nin entrará no Fondo de Garantía Salarial.

Con todo, si se trata dunha Sociedade Laboral, solo terás que darte de alta no RETA se posúes, xunto con outros familiares directos, como mínimo o 50% do capital da empresa.

????Traballadores Autónomos Economicamente Dependentes (TRADE): dase cando o traballador autónomo percibe a maioría dos ingresos por parte dunha única empresa. Para que este suposto se cumpra deben darse os seguintes requisitos:

  • Como mínimo o 75% dos ingresos veñan dun mesmo pagador
  • Non contar con traballadores por conta allea ao seu cargo nin subcontratar
  • Dispoñer de material e infraestructuras propios
  • Definir a organización da actividade
  • Cobrar unha remuneración en función dos resultados según o pactado co cliente
  • Non ter local, oficina ou despacho aberto ao público

????Autónomos agrarios: dende 2018 os autónomos que se adican a actividades agrícolas teñen un réxime especial de cotización, o SETA (Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios). A diferencia fundamental é que o importe de cotización mensual á Seguridade Social é un pouco menor. Os requisitos son:

  • Ser titulares dunha explotación agraria e obter mínimo o 50% da renta total de esa explotación
  • Non obter rendementos netos anuais da explotación que superen o 75% da base máxima de cotización do Réxime Xeral
  • Adicarse persoalmente as labores agrarias na sua explotación inda que conte tamén con persoas traballadoras por conta allea

 

????info@apegalicia.es
????986 891 657