Tal e como aclarou a Dirección Xeral de Traballo, o Ministerio de Traballo optou pola interpretación máis dura da norma, resolvendo que  os autónomos con persoas a cargo que despidan a un dos seus traballadores incumprindo o compromiso de mantemento do emprego de seis meses terán que devolver as cotizacións á Seguridade Social que lles foron exoneradas por todos e cada un dos traballadores incluídos no Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

Este criterio só afecta a  ERTES realizados por causa de forza maior, que teñen a obrigación de manter o emprego durante seis meses de todos os seus empregados durante seis meses cando se renove a actividade.
Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?