Co obxecto de mellorar a conciliación entre pais e nais e de tratar de reducir a discriminación laboral asociada á maternidade, o Real Decreto de Ley de Igualdade Laboral 6/2019 estableceu a equiparación progreseiva dos permisos de maternidade e paternidade, que será por fin efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2021.
De este xeito, a partir do vindeiro mes de xaneiro, os pais autónomos poderán gozar de 16 semanas de prestación, que será do 100% da base reguladora basada nos seis meses anteriores a producirse a baixa.
Aínda que a nai biolóxica pode anticipar o permiso de maternidade ata 4 semanas antes da fecha previsible do parto, o pai terá que acollerse ao permiso de paternidade obrigatoriamente nas 6 semanas posteriores ao parte de forma ininterrumpida e a xornada completa, podendo gozar as 10 restantes en periodos semanas, de forma acumulada ou interrumpida, dentro dos 12 meses seguintes ao parto.
En caso de adopción, o periodo de tempo contará dende a resolución xudicial ou decisión administrativa do mesmo.