A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) celebrou a Webinar “II Plan de Rescate da Xunta de Galicia” na que o subdirector xeral de Emprego, D. Juan Lirón Lago, explicou a segunda fase das axudas que a Consellería de Emprego e Igualdade elaborou como apoio para as persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalaría e outras actividades pechadas por ordes sanitarias debido a Covid -19.

A sesión iniciouse as 12 da mañá coa presentación do acto por parte da secretaria técnica executiva de APE Galicia, Sonia Acuña Pazos, e o saúdo do presidente da asociación, José Ramón Caldas, quen agradeceu o compromiso e a colaboración da Xunta de Galicia coas persoas traballadoras autónomas, coa presenza de Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social ao inicio da sesión; e de Juan Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego, encargado de explicar os puntos máis imortantes deste segundo plan de rescate e responder as cuestións das máis de 150 persoas que asistiron por videconferencia.

Así, a directora xeral de Emprego quixo poñer en valor a iniciativa de APE Galicia para poder consolidar o plantexamento do Goberno galego de acompañar ao sector, imprescindible para a revitalización da economía, nesta crise que esta atravesar polas restricións sanitarias xurdidas pola pandemia, coa esencia de chegar con este segundo plan as persoas traballadoras autónomas que en peor situación se atopen e, aínda así, queiran seguir coa súa actividade e protexer o emprego.

Pola súa parte, o sudirector xeral de Emprego, fixo un percorrido durante máis de unha hora polos puntos máis importantes deste segundo Plan de Rescate, con catro programas diferenciados: as persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalaría e outras actividades pechadas polas restricións sanitarias.

En canto as ordes referentes ás axudas a autónomos e microempresas, cun orzamento de 30 millóns para cada un delas (25 millóns de euros máis 5 millóns de euros para os máis afectados) que xa foron publicadas o pasado 18 de febreiro, quixo destacar que a base para conceder a cuantía económica estableceuse no descenso de facturación e que será maior segundo aumente o porcentaxe desa baixada.

Polo que respecta as axudas a hostalaría e outras actividades pechadas, que se publicarán mañana martes 23 de febreiro, cun orzamento de 12 millóns para a primeira e 3 millóns para as segundas, a referencia será o tempo de peche do establecemento, segundo as ordes sanitarias polas que se viran afectadas, sendo de 1900 euros se o peche é dende o 27 de xaneiro, 2.200 euros se é dende o 21 de xaneiro e de 2.700 euros se lle afectan dous o máis ordes sanitarias. Para os feirantes se considera unha axuda única de 2.700 euros.

Unhas das novidades para todos so programas deste segundo plan, con respecto ao primeiro, e que se elimina a condición de estar ao corrente de pagos de débedas con calquera administración pública, sempre que esta débeda non supoña o 80% da axuda que lle corresponda e co adianto se pague estas débedas e se informe a Xunta de Galicia para poder acceder ao segundo adianto.

A  Xunta de Galicia considera fundamental que os beneficios deste plan cheguen a maior número de afectados posibles e canto antes, polo que piden que se intente facer as solicitudes correctamente e cumplindo con todos os requisitos, para evitar requirimentos e atrasos no pago, xa que esto suporía poñerse de novo na cola na tramitación.

Por iso, ofrece dúas liñas de contacto directo, a web www.oficinadoautonomo.gal e o número de teléfono gratuito 900 815 600, onde poden obter información ou aclarar calquera dúbida que poidan xurdir ao respecto ou en cada caso particular.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?