A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) celebrou onte a Webinar “Plan de Rescate da Xunta de Galicia para as persoas traballadoras Autónomas, Micropeme e Sector da Hostalería  – Covid 19” na que o Subdirector Xeral de Emprego, D. Juan Lirón Lago, informou sobre as axudas que ten previstas a Xunta de Galicia para as persoas traballadoras autónomas, microempresas e da hostelería afectadas pola crise económica xurdida polo coronavirus.

A sesión iniciouse as 12 da mañá coa presentación do acto por parte da Secretaria Técnica Executiva de APE Galicia, Sonia Acuña Pazos, dando paso ao Presidente da Asociación, José Ramón Caldas Martínez, quen agradeceu a colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade e, sobre todo, a presenza do Subdirector Xeral de Emprego para explicar aos asociados os puntos máis importantes deste Plan de Rescate ao sector elaborado pola Xunta de Galicia e contestar a súas dúbidas.

Segundo anunciou D. Juan Lirón Lago aos representantes de distintas asociacións e entidades presentes nas instalacións da sede de APE Galicia e a redor dunhas cen persoas conectadas por videoconferencia á sesión, o obxectivo deste plan dotado de 84 millóns de euros, é apoiar o mantemento da actividade económica e o emprego das persoas traballadoras autónomas, microempresas e da situación excepcional da hostelería.

Tal e como confirmou o subdirector xeral, o Plan divídise en dous ordenamentos distintos que poden ser complementarios; o dirixido as Persoas Traballadoras Autónomas que xa está en marcha dende o 18 de novembro, e o dirixido a Micropemes e a Hostelería que se activará nos próximos días.

Así, o Programa de Apoio para as Persoas Traballadoras Autónomas está dirixido a todas esas persoas autónomas dadas de alta no RETA ou Réxime do Mar que estean a percibir a prestación extraordinaria ou ordinaria polas actividades establecidas no anexo do Real Decreto-Lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do Emprego, que adquiran o compromiso de manter a actividade económica de alta durante dous meses dende a publicación da orde de axudas.

O orzamento adxudicado para este programa é de 30 millóns de euros, divido en 28 millón de euros para as persoas traballadoras autónomas de calquera tipo de actividade económica, cun apoio de 1.200 euros por autónomo, e de 2 millóns de euros, cun apoio de 2.000 euros por autónomo, para os sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas como é o caso do lecer nocturno, feir-as e negocios encadrados en determinados CNAE relacionados coa cultura e o lecer en xeral.

No referente a segunda liña de actuación, Lirón Lago asegurou que a Consellería de Emprego e Igualdade está a elaborar un programa para microempresas e outro de axudas automáticas para o sector da hostalería pechado, que nos próximos días someterase á aprobación do Consello da Xunta.

Cun orzamento de 37 millóns de euros, o Programa I para as microempresas ou traballadores autónomos con persoal contratado ao seu cargo que pertenzan a calquera tipo de sector económico poderán acceder a un apoio de 4.000 euros en pago único de dúas anualidades, contando con 1.000 euros máis as actividades económicas especialmente paralizadas ou empresas de máis de 10 persoas traballadoras, ata esgotar os 2 millóns de euros reservados con tal fin.

Os requisitos para acceder a estas axudas económicas son que as empresas teñan ou tiveran autorizado un ERTE dende a declaración do estado de alarma de calquera duración o tipo e que teñan declarado unhas perdas de alo menos o 45% nos tres primeiros trimestres do ano 2020 nunha comparación proporcional entre o facturado nos catro trimestres do ano 2019, co compromiso de manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses dende a publicación da orden.

En canto ao Programa II de axudas automáticas ao sector da hostalería pechado, dotado de 17 millóns de euros, estará dirixido a todos os que desenvolvan esta actividade nun Concello de Galicia afectado polo peche, conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias dende o mes de outubro.

O apoio será de 1.500 euros por mes dende outubro cun mínimo de dúas semanas de peche (o que suporía 750 euros), e de 2.000 euros mes para as empresas de máis de 10 persoas traballadoras. Esta axuda será compatible con calquera outra subvención da Xunta de Galicia e doutras administracións públicas. 

Trala a exposición do Secretario Xeral de Emprego, os participantes na Webinar puideron facerlle preguntas, abrindo o debate a posibles melloras aos Programas I e II, coa intención de que entre todos xuntos poidamos superar esta difícil situación global.

A  Xunta de Galicia considera fundamental que os beneficios deste plan cheguen a maior número de afectados posibles, polo que ofrece dúas liñas de contacto directo, a web www.oficinadoautonomo.gal e o número de teléfono gratuito 900 815 600, onde poden obter información ou aclarar calquera dúbida que poidan xurdir ao respecto ou en cada caso particular.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?