Os autónomos e pemes de Pontevedra que interviron como relatores foron Javier Varela, consultor experto en Marketing; Natalia Vieites, directora de Recursos Humanos de Digamel; Mauro Lomba, arquitecto; e César Fernández e Beatriz Mariño, de Meridian Style & Interiors, xunto co coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor experto en Ventas e Márketing.
O programa de relanzamento empresarial ofrécese gratuitamente a autónomos e pemes mediante dúas accións: por unha banda, asesoramentos personalizados para 25 negocios, e pola outra, 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.
A primeira acción do ciclo de 7 encontros virtuais Reinicia Pontevedra celebrouse o pasado luns 11 de maio. Neles estanse a tratar temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra, coa participación de especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.
As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son os seguintes:
- 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.
- 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible.
- 18 maio: Novo servizo ao cliente: da personalización á loxística.
- 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.
- 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e márketing.
- 28 maio: Estratexia de comunicación dixital e física.
- 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.
As sesións telemáticas teñen lugar tódolos luns e os xoves ás 15:30 horas, por seren unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións son gratuítas e pódense facer a través da web de APE Galicia (www.encontrosapegalicia.es) ou do teléfono 697 195 540.
A segunda acción do programa consistirá en 25 asesoramentos individuais gratuítos, que abordarán as especificidades de cada negocio ou microsector. O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderán compartirse 2 videoconferencias, dunha hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS GRATUíTAS EN:
Tel: 697 195 540