O número de persoas rexistradas nas oficinas do Servicio Público de Emprego no mes de setembro aumentou en España con respecto ao mes anterior en 17.679 persoas, un 0,6% máis en relación co mes anterior, situándose en 2.941.919 persoas. (En setembro de 2021 había un total de 3.257.802 persoas paradas, o que supón 315.883 persoas paradas máis o ano pasado).

Pola súa banda, en canto aos contratos rexistrados durante o mes de setembro, estes sitúanse en 1.660.792 (377.001 máis que o mes anterior), dos que un 46,72% son de carácter indefinido.

Datos en Galicia

Persoas paradas en Galicia

En concreto en Galicia, o paro sitúase en 144.109 persoas, das cales 85.031 son mulleres e 59.078 son homes.  Esta cifra supón un total 2.197 persoas paradas máis que o mes pasado (o que supón un 1,55% máis) e 8.945 persoas menos que en setembro do ano pasado (un 5,84% menos).

Se analizamos por sectores, os peores datos en canto ao número de persoas paradas recólleo o sector servizos con 102.974 parados, en segundo lugar sitúase a industria con 15.048 persoas paradas, seguido do sector da construción con 9.945 parados (e, en último lugar, está a agricultura, cuxo número de parados é de 4.776 persoas paradas.

Se nos centramos nas provincias galegas, A Coruña sitúase como a provincia cun maior número de persoas rexistradas no SEPE ascendendo esta cifra a 57.432 persoas (863 máis que en agosto), Pontevedra estaría en segunda posición con 56.018 persoas paradas (1.169 máis que en agosto), o número de parados en Ourense é de 16.808 (45 máis que o mes pasado) e o Lugo ten rexistradas 13.851 persoas paradas (120 máis que en agosto).

Evolución dos contratos en Galicia

En Galicia os contratos rexistrados sitúase en 81.005 (o que supón unha subida de 9.222 con respecto ao mes pasado), dos cales 28.744 foron contratos indefinidos.

Máis polo miúdo, o número de novos contratos ascendeu en todas as provincias da comunidade, na Coruña rexistráronse 33.246 contratos (3.461 máis que en agosto), en Pontevedra 32.475 (4.426 máis que o mes anterior), en Lugo 8.239 (484 máis que o mes pasado), e en Ourense 7.045 (851 máis que en agosto).

Réxime autónomos

En canto ao réxime especial de autónomos, a Seguridade Social sumou 2.427 afiliados, o que situou o total de persoas cotizantes por conta propia en 3.329.863 en toda España.

En Galicia, en concreto, o número de afiliados ao RETA no mes de setembro é  de 207.011 persoas. Máis polo miúdo, en Coruña son 84.336 persoas autónomas, en Pontevedra 67.496, en Lugo 32.250 e en Ourense son 22.929.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?