Nos próximos días publicarase no Diario Oficial de Galicia unha hova convocatoria do programa Galicia Emprende, con que a Xunta de Galicia quere beneficiar ao redor de 50 novas iniciativas ou proxectos empresariais con 5 millóns de euros.

A cuantía da axuda por persoa ou entidade beneficiaria, que non pode superar os 42 meses de actividade, chegará ao 80% da inversión subvencionable hasta un máximo de 400.000 euros, podéndose destinar a obra civil, adquisición de bens de equipo, mobiliario, activos inmateriales, gastos de persoal, alugueres ou contratacións externas de servizos, entre outros.

Entre los criterios de valoración previstos neste programa da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, primarase a creación de emprego, a innovación, a aplicación de medidas de economía verde e circular ou a formación. Ademáis, as empresas de economía social y as que dispoñan da Marca Galega de Excelencia en Igualdade recibirán máis puntuación.

Na anterior edición de Galicia Emprende, a Xunta concedeu axudas por case 3,78 millóns de euros para apoiar 106 proxectos empresariais de persoas emprendedores e autónomas que desarrollan inversións de 14 millóns de euros e que levan asociados a creación e mantemento de 302 empregos.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?