O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, asistiu esta mañá á xornada de Dinamización Empresarial, organizada pola Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela. Un acto para analizar o reto da simplificación administrativa e o papel das entidades locais e das administracións públicas para conseguir atraer os investimentos e ás empresas a Galicia.

Máis polo miúdo, o Secretario Xeral Técnico da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, Pablo Casal Espido, foi o encargado de dar a coñecer o funcionamento da plataforma Oficina Galicia Empresa, un soporte para as novas empresas que proporciona múltiples servizos como canle de comunicación, apoio no asesoramento, iniciativas empresariais, catálogos administrativos e concellos emprendedores. Doutra banda, a profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, María Cadaval, abordou o reto da simplificación administrativa nas entidades locais e os elementos clave para a atracción do investimento, neste eido subliñou que «as administracións teñen que ser activas» e dar apoio á implantación das iniciativas empresariais.

O evento continuou cunha mesa redonda para debater dende distintos puntos de vista cómo poden atraer os concellos os investimentos. No coloquio participaron o Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, a Secretaria Xeral de Industria da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, Paula Uría, o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, o arquitecto técnico do Concello de Arteixo, Pablo Martín, o Director Xeral da ECCOM Enmacosa, Manuel Gregorio Miranda, e o codirector de Red Localis, Alberto Vaquero.

Para rematar, Francisco Conde foi o encargado de clausurar a xornada, que estivo conducida pola xornalista Ana Rodríguez Nieto.

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?