Despois dun ano de parón debido a pandemia da COVID-19, máis de 200 persoas de toda Galicia reuníronse no Hotel Carlos I de Sanxenxo para celebrar o esperado XII Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas, organizado por APE Galicia. Un evento que ten como obxectivo principal recoñecer, visibilizar e homenaxear a labor e o éxito das persoas traballadoras autónomas que, co seu esforzo e dedicación, levan a que a súa empresa sexa competitiva, contribuíndo día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa comunidade.

Ao Congreso asistiron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; a deputada provincial de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial, Ana María Mejías Sacaluga, e demais autoridades.

Tamén estiveron presentes autónomos e autónomas de toda Galicia; representantes das asociacións vinculadas a APE Galicia; alcaldes e representantes dos concellos do territorio galego; a xerente do IGAPE, Patricia Villajos; a directora xeral de Relacións Laborais da Consellería do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Mancha; e a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; persoas coas que traballamos día a día para outorgarlle o mellor servicio ao colectivo autónomo, en canto a formación e emprego.

No acto, que estivo presentado e dirixido polo periodista Javier Gállego Jané, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez, fixo fincapé no esforzo e traballo do colectivo autónomo “que é o que xera emprego e riqueza ao noso país”. Na súa intervención, Caldas tamén agradeceu o apoio recibido por parte das autoridades, das asociacións, da xunta directiva, executiva e persoal técnico de APE Galicia. Durante o congreso, realizouse a entrega de sete premios a autónomos e autónomas distinguidos, para recoñecer desta maneira a súa traxectoria profesional e o esforzo realizado para sacar adiante ás súas empresas, e tamén entregaremos dous galardóns especiais. Posteriormente, tivo lugar unha cea homenaxe ás persoas premiadas.

Máis polo miúdo, este ano as persoas premiadas foron José Luis Corujo Grandela, de talleres Eleccorujo; José Antonio Rodríguez Araújo, de Carrocerías Digal; Alejandro Gómez-Ulla, da farmacia Gómez-Ulla; Fina Cabaleiro Portela, de Adega de Ardán; María Eugenia Silva Tarela, da Cofradía de Raxó; Minia Rodríguez García, de Transportes RG; e a Familia Ramírez.

Ademais, outorgamos un recoñecemento especial, a título póstumo, a Magín Froiz Planes, pola súa traxectoria profesional e en agradecemento ao compromiso e colaboración coa nosa entidade. E, por último, realizamos a entrega doutro galardón especial para o Consorcio Zona Franca de Vigo pola labor que realizan a favor das persoas traballadoras autónomas.

 

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?